Julio Galán Gómez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Julio Galán Gómez
Nacemento 1908
  A Coruña
Falecemento 1975
  Milán
Nacionalidade España
Ocupación arquitecto
Pai Julio Galán Carvajal
editar datos en Wikidata ]
Edificio da Caixa de Aforros de Asturias, Oviedo.

Julio Galán Gómez, nado na Coruña en 1908 e finado en Milán en 1975, foi un arquitecto galego[1].

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo do arquitecto asturiano Julio Galán Carvajal, naceu na Coruña cando o seu pai era arquitecto dese concello. Traballaron xuntos durante un breve período de tempo a finais da década de 1930. Julio Galán Gómez residiu en Oviedo, onde tiña o seu estudio, e foi arquitecto municipal de Langreu na década de 1950.

Foi especialmente coñecido pola reconstrución trala Guerra Civil dos edificios das caixas de aforros de España: Oviedo, Áraba,[2] Segovia, Soria, Albacete, Castelló, Ávila, Burgos e León.

En Galicia reconstruíu tamén os edificios das caixas de aforros da Coruña,[3] Lugo e Santiago de Compostela. Salientan ademais varios edificios urbanos en Oviedo, Avilés, Santander ou La Felguera e Sama (Langreu).

Notas[editar | editar a fonte]