Julia Cerdeiros

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJulia Cerdeiros
Biografía
Nacemento1882 Editar o valor em Wikidata
Lugo Editar o valor em Wikidata
Morteséculo XX Editar o valor em Wikidata
República Dominicana Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesLa Gallega Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónespía Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Julia Augusta Cerdeiros Ferreirós, coñecida como La Gallega, nada en Lugo en 1882[1] e finada na República Dominicana, foi unha espía galega.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Filla de Luciano Cerdeiros González, empregado da Administración de Facenda en Lugo,[3] e Josefa Ferreirós Rendo, naceu na parroquia de San Pedro da cidade de Lugo.[4] Tivo cando menos unha irmá chamada Felisa, que no ano 1900 se viu involucrada como testemuña nun escuro caso de corrupción de menores en Lugo[5] e acabou por residir na Coruña, onde foi multada en 1910[6] e 1915[7] por diferentes motivos, e onde aínda residía en 1925.[8]

En 1918 ou 1919[9], coincidindo coa morte do seu pai,[10] emigrou á República Dominicana e traballou até mercar un bar que se converteu en punto de encontro de altos funcionarios do Estado ditatorial de Rafael Leónidas Trujillo. Estes contactos coa clientela funcionarial e unha serie de actividades comerciais fixeron que Cerdeiros lograse unha considerábel fortuna. Abriu un novo café na elegante e céntrica rúa Arcebispo Meriño en Santo Domingo.[9]

A súa fortuna proviña en boa parte do traballo de información que facía para as autoridades trujillistas. Pero a oposición á ditadura logrou detectar as actividades de Cerdeiros como confidente policial.[9] Para retirarse da circulación e evitar problemas cos opositores, decidiu en 1938 dar a volta ao mundo en barco xunto ao seu fillo, Bienvenido Velázquez. Pero recibiu unha proposta do ditador Trujillo para instarse como espía en Venezuela e desde alí informar das actividades da oposición dominicana e do apoio e colaboración que esta recibía do goberno venezolano.[9]

En Venezuela comezou a relacionarse coa oposición exiliada e abriu un local que lles servise de punto de encontro. Polos seus traballos recibía pagos mensuais cun talón, un dos cales caeu en mans dos opositores que denunciaron a Cerdeiros ante os seus contactos no goberno venezolano. En 1945 foi detida pola intelixencia de Venezuela.[9] Foi liberada tempo despois. Volveu á República Dominicana co seu fillo e alí morreu.[9]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. O principal investigador da figura de Julia Cerdeiros, Xurxo Martiz Crespo, indicou nun artigo que naceu nalgún lugar da provincia da Coruña no ano 1901, mais a súa partida de bautismo co seu nome completo demostra que fíxoo ao principio do ano 1882 en Lugo.
  2. Morales Pérez, Salvador E. (10-10-2016). "José Almoina, intelectual republicano en el exilio: las revelaciones sobre el trujillismo en la palestra americana durante la guerra fría". Pacarina del Sur. Revista de Pensamiento Crítico Latinoamericano (en castelán) (Lima). Consultado o 9-6-2018. “Os galegos do Caribe. Indagando nas vidas da Galicia americana.”, Tomado de: http://www.xornalgalicia.com/, “República Dominicana, a trampa de Trujillo. Na Repúblida Dominicana, o maior momento de presenza galega coincidíu cunha das peores ditaduras que sufríu Latinoamérica, a de Rafael Leónidas Trujillo, alcumado Chapita. Tras a Guerra Civil española, moi poucos países destiveron dispostos a acoller os refuxiados do bando republicano, prácticamente só México e a URSS. E Dominicana, que no 1936 abriu completamente as súas portas ós españois vencidos e os xudeus que fuxían da Alemaña nazi. Mais o motivo distaba de ser humanitario. O que quería o ditador dominicano, Trujillo, era empregar os refuxiados para branquexar a raza. Por alí pasaron o pintor Eugenio Granell, o intelectual Mosqueira Manso ou o escultor Francisco Vázquez Díaz, alcumado Compostela. O secretario persoal de Trujillo, José Almoina, era galego, ó igual que a súa principal espía en Venezuela, Julia Cerdeiros Ferreirós. Porén, a política represiva do ditador fixo que no 1940 a maioría dos emigranes marcharan a outros países.” 
  3. "Noticias. Lugo, 25, 4t". La Iberia (en castelán) (Madrid). 26-9-1882. p. 3. A las dos y media de esta madrugada se declaró un violento incendio en la casa número 18 de la calle de la Rúa Nueva, en esta capital, reduciéndola a cenizas en su mayor parte. No han ocurrido desgracias personales, merced á la serenidad y arrojo de D. Luciano Cerdeiros, aspirante en la intervención de Hacienda, que habitaba el piso segundo (...) 
  4. Arquivos parroquiais da Diocese de Lugo, rexistro de bautismos da parroquia de San Pedro para o ano 1882. O bebé foi bautizado o 1 de marzo do mesmo ano.
  5. "Lugo y provincia". El Correo de Lugo (en castelán). 12-5-1900. p. 3. Consultado o 9-6-2018. 
  6. "Crónica regional. Coruña". El Correo de Galicia (en castelán). 31-3-1910. p. 2. Consultado o 9-6-2018. Multó el gobernador con 50 pesetas á Estrella Merino. También impuso 25 pesetas de multo á Herminia Ramos, María Rey y Felisa Cerdeiros, por haber dado un escándalo en Linares Rivas. 
  7. "La región. Coruña". Diario de Galicia (en castelán). 1-9-1915. p. 2. Consultado o 9-6-2018. Por diferentes faltas multó anteayer el gobernador civil con 75 pesetas, a Ambrosio Vidal Ogiando; con 25, á Antonia Rey Barros, Dolores Mera Vázquez y Felisa Cerdeiros (...). 
  8. "Unas prendas de ropa". El Orzán (en castelán) (A Coruña). 4-7-1925. p. 1. Consultado o 9-6-2018. 
  9. 9,0 9,1 9,2 9,3 9,4 9,5 Martínez Crespo, Xurxo (26-4-2011). "A espía galega ao servizo do ditador Trujillo. Julia Cerdeiros na República Dominicana e Venezuela". A Nosa Terra (Vigo). Arquivado dende o orixinal o 17-07-2011. Consultado o 9-6-2018. 
  10. "Necrolóxica de Don Luciano Cerdeiros y González". La Idea Moderna (en castelán) (Lugo). 12-9-1918. p. 2. Consultado o 9-6-2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]