Julia Alcayde Montoya

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJulia Alcayde Montoya

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento22 de maio de 1855 Editar o valor em Wikidata
Xixón, España Editar o valor em Wikidata
Morte18 de febreiro de 1939 Editar o valor em Wikidata (83 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónEscuela de Artes y Oficios de Madrid (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoPintura Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpintora Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoNatureza morta, pintura de flores (pt) Traducir, caza, Arte de paisaxes e retrato Editar o valor em Wikidata
ProfesoresManuel Ramírez Ibáñez (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Premios

Julia Alcayde Montoya, nada en Xixón o 22 de maio de 1855 e finada en Madrid en 1939, foi unha pintora española, considerada como unha das mellores pintoras españolas de finais do século XIX e comezos do século XX, que destacou polos seus bodegóns, floreiros e escenas de caza, onde brillou a unha extraordinaria altura, aínda que tamén traballou a paisaxe e o retrato.[1][2][3][4] É unha das primeiras artistas asturianas de relevo e unha das máximas representantes do bodegón burgués.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nace en Xixón, pero sendo aínda nena é trasladada a vivir a Madrid, aínda que non perderá o contacto coa súa terra natal, regresando a Asturias sempre que lle foi posible. A súa formación artística comeza na capital, na Escola de Artes e Oficios de Madrid que dirixe o profesor Manuel Ramírez. Axiña destaca pola súa capacidade para plasmar emocións con lapis e pincel a través de diferentes técnicas como o óleo, a acuarela ou o pastel.[1][2] Ó mesmo tempo que desenvolve a súa actividade artística mantén unha intensa relación con destacadas figuras da política e a cultura daquel momento histórico, entre os que destacan os escritores Benito Pérez Galdós ou Emilia Pardo Bazán.

A súa obra foi seleccionada para ser exposta en diversas Exposicións Nacionais de Belas Artes[2] chegando algunhas delas a ser galardoadas co terceiro premio en forma de medalla nas edicións de 1892 e 1895, segundo premio en dúas ocasións; en 1899 pola obra El puesto de mi calle (actualmente no Museo Casa Natal de Jovellanos, Xixón) e en 1912 polo lenzo titulado Frutas.[5] Tamén participou nas Exposicións Internacionais de Chicago de 1893, Bruxelas de 1910, Buenos Aires e Roma de 1911 e Múnic de 1913. En Asturias, gañou o primeiro premio do concurso de pintura organizado polo xornal El Noroeste, de Xixón. En 1903, obtivo unha primeira medalla na exposición celebrada no Círculo de Belas Artes de Madrid, e concorreu, igualmente, ós salóns de outono de Madrid.

A gran cantidade de galardóns que acumulou ó longo da súa traxectoria convértena aínda hoxe na artista asturiana que máis medallas obtivo nas Exposicións Nacionais de Belas Artes. ​

A súa derradeira exposición ten lugar en 1935, e despois retírase da vida artística e social, cumpre os oitenta anos e comeza a debilitarse o seu estado de saúde, padecendo achaques que a obrigan a permanecer en casa.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Alcayde y Montoya, Julia - Museo Nacional del Prado". Consultado o 9 de marzo de 2018. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Fernando Alcolea - Julia Alcayde Montoya". Consultado o 9 de marzo de 2018. 
  3. "Julia Alcayde: una gran pintora de bodegones". Comunidad Cincuentopía (en castelán). 12 de xuño de 2014. Consultado o 9 de marzo de 2018. 
  4. "La pintora Julia Alcayde". Consultado o 9 de marzo de 2018. 
  5. "Julia Alcayde: una gran pintora de bodegones". Comunidad Cincuentopía (en castelán). 12 de xuño de 2014. Consultado o 23 de maio de 2018.