Saltar ao contido

Julián Iglesias del Río

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJulián Iglesias del Río

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1898 Editar o valor em Wikidata
O Carril, España Editar o valor em Wikidata
Morte22 de agosto de 1936 Editar o valor em Wikidata (37/38 anos)
O Pousadoiro, España Editar o valor em Wikidata
Causa da mortehomicidio, ferida por arma de fogo Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónestivador (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Julián Iglesias del Río, nado no Carril en 1898 e finado no Pousadoiro o 22 de agosto de 1936, foi un sindicalista anarquista galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Traballou durante algún tempo no porto de Nova York. Consta a súa chegada aos Estados Unidos en 1920 nos rexistros da Fundación da Illa de Ellis. Ocupou cargos directivos, entre eles o de presidente do Sindicato de Estibadores do Carril na Segunda República.[1] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estivo agochado dos falanxistas que o acosaban e atemorizaban á súa esposa e catro fillos pequenos. Presentouse ás novas autoridades e foi asasinado dun disparo na cabeza xunto co seu compañeiro da CNT e veciño, Eduardo Ferreirós Boullosa. A súa morte foi rexistrada na Capela de San Antoniño, Cea, Vilagarcía de Arousa. A súa viúva, Juana Ramona Rey, tivo noticia do acaecido grazas ás leiteiras de Caldas. Déuselle sepultura na fosa 489 do camposanto de Rubiáns e, tempo despois, os seus restos foron trasladados ao cemiterio do Carril. O seu irmán máis novo, José Iglesias del Río, tamén sufriu persecución e represalias do franquismo na Illa de San Simón.

  1. «Todo isto debeuse facer moito antes», La Voz de Galicia, 31 de agosto de 2006.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]