Juhi Chawla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Juhi Chawla

Juhi Chawla, nada o 13 de novembro de 1967, é unha modelo, actriz, produtora cinematográfica e presentadora de televisión india. Gañadora de Miss India en 1984, seguiu logo unha carreira de actriz converténdose nunha das actrices máis afamadas do Bollywood dos anos 90[1][2] actuando en filmes tan coñecidos na India como Qayamat Se Qayamat Tak (1988), Darr (1993), Hum Hain Rahi Pyar Ke (1993), co que gañou o premio Filmfare á mellor actriz, ou Yes Boss (1997) e Ishq (1997).[3][4][5]

Na década do 2000, actuou en filmes independentes e do cinema paralelo.[2] pero gañou recoñecemento da crítica pola súa actuación en filmes como Jhankaar Beats (2003), 3 Deewarein (2003), My Brother Nikhil (2005), Bas Ek Pal (2006) e I Am (2011).[6]. A partir do ano 2000 comezou a producir filmes, o primeiro foi Phir Bhi Dil Hai Hindustani.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Verma, Sukanya (11 March 2004). "The real stars of Bollywood". Rediff.com. Consultado o 25 de xuño de 2013. 
  2. 2,0 2,1 Doval, Nikita (21 March 2005). "Juhi II". The Times of India (India). Consultado o 25 de xuño de 2013. 
  3. Taliculam, Sharmila (19 January 2000). "'There have been many ups and downs'". Rediff.com. Consultado o 25 de xuño de 2013. 
  4. "Not The End". The Tribune. India. 10 May 2001. Consultado o 25 de xuño de 2013. 
  5. http://www.bollywoodentertainment.com.au/blog/top-10-actresses-who-ruled-the-bollywood/
  6. Verma, Sukanya (19 March 2008). "Readers pick: Bollywood's most under-rated". Rediff.com. Consultado o 25 de xuño de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]