Juan Téllez López

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Juan Téllez López
1909-01-15, El Cuento Semanal, Mater admirabilis, Juan Téllez y López, Tovar (cropped).jpg
Nacemento9 de outubro de 1878
 Madrid
Falecemento1 de xullo de 1915
 Madrid
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónveterinario, escritor e xornalista
PaiJuan Téllez Vicén
editar datos en Wikidata ]

Juan Téllez López, nado en Madrid o 9 de outubro de 1878 e finado na mesma cidade o 1 de xullo de 1915, foi un veterinario, escritor e xornalista español.[1][2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Juan Téllez Vicén,[3] Estudou no Instituto San Isidro e despois na Escola de Veterinaria de Madrid. En 1900 foi nomeado catedrático de Fisioloxía, Hixiene, Mecánica animal, Aplomos, Pelos e Modos de Reseñar da Escola de Veterinaria de Santiago de Compostela,[4] permanecendo no posto até 1904, cando ingresou no Corpo de Veterinaria Militar.[5] Foi director de La Verterinaria Escolar (1901), Ciencia y Arte (1902) e Revista Veterinaria (1903). Colaborou en La Idea Moderna. Autor de Enciclopedia de cultura general,[3] publicou tamén diversas obras de carácter literario como Mater admirabilis (en El Cuento Semanal),[6] Cuentos para Mimí, De espaldas al sol,[3] e a súa novela póstuma Vidas sin vida.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou en Madrid con María Cavida Marqués en 1901.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Téllez y López (Juan)". Enciclopedia universal ilustrada europeo-americana LX. Madrid: Espasa-Calpe. 1928. p. 651. 
  2. "Noticias cortas". Las Provincias (Valencia) (16.096): 3. 2 de julio de 1915. ISSN 1578-7834. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Rof Codina 1915, pp. 433-435.
  4. Pérez Maceira, J.J.; Conde Gómez, D. (2014) Juan Rof Codina. Veterinario e Divulgador. O Album da Ciencia 2014. Unidade didáctica: A renovación agrícola gallega. p. 17-18..
  5. La Correspondencia Gallega, 2-8-1904, p. 2.
  6. "Publicaciones". El Liberal (Madrid): 2. 22 de enero de 1909. ISSN 2174-6648. 
  7. La Idea Moderna, 4-7-1901, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]