Juan Reboreda Enríquez
Juan Reboreda Enríquez | |
---|---|
Nacemento | 2 de xuño de 1938 |
Lugar de nacemento | Mondariz |
Falecemento | 31 de maio de 2022 |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Juan Reboreda Enríquez, nado en Mondariz o 2 de xuño de 1938 e finado o 31 de maio de 2022,[1] foi un político galego do PPdeG.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Foi secretario da Cámara Agraria Local e director da sucursal de Mondariz de Caixa Galicia. Foi concelleiro e primeiro tenente de alcalde do concello de Mondariz e en 1970 foi nomeado alcalde. Presentouse ás primeiras eleccións democráticas encabezando unha candidatura independente e foi elixido alcalde. Continuou como alcalde nas sucesivas eleccións primeiro por AP e logo polo PPdeG, sempre con maioría absoluta. 0 27 de novembro de 2002 renunciou como alcalde, sendo substituído polo primeiro tenente de alcalde Julio Alén Montes.[2] Foi deputado provincial e presidente do Mondariz F. C.
Predecesor: José Martínez Couto |
![]() Alcalde de Mondariz 1970 - 2002 |
Sucesor: Julio Alén Montes |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Muere Juan Reboreda, alcalde de Mondariz durante 32 años". Faro de Vigo (en castelán). 2022-05-31. Consultado o 2022-06-01.
- ↑ "El primer teniente de alcalde, Julio Alén, se perfila como el sustituto del anterior regidor". La Voz de Galicia (en castelán). 2002-11-28. Consultado o 2022-12-10.