Juan Nieto Dios

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJuan Nieto Dios
Biografía
Nacemento1925 Editar o valor em Wikidata
A Illa de Arousa, España Editar o valor em Wikidata
Morte14 de outubro de 1995 Editar o valor em Wikidata (69/70 anos)
Pontevedra, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Vilanova de Arousa
1983 – 1985 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónarmador , político Editar o valor em Wikidata


Juan Nieto Dios, "Chiquita", nado na Illa de Arousa no 1925 e finado en Pontevedra o 14 de outubro de 1995, foi un armador e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Armador, nas eleccións municipais de 1983 foi cabeza de lista da Unión Isleña Democrática ó concello de Vilanova de Arousa e logrou un concelleiro. Non obstante, e pese a que o PSdeG-PSOE quedara ó bordo da maioría absoluta, os demais grupos políticos apoiárono como alcalde, o cal levantou gran polémica entre os socialistas e na Illa de Arousa, onde el residía e os socialistas lograran un esmagador triunfo, denunciándose presións a varios dos concelleiros que o apoiaron para que o fixesen. Este contexto foi de gran tensión, tendo que cambiar a súa residencia a Vilanova tras diversas ameazas mentres que o líder socialista Sito Vázquez tamén sufriu ameazas e unha agresión. Desta forma, e trala progresiva perda de apoios na corporación, perdeu a alcaldía tras unha moción de censura en outubro de 1985 que supuxo que os socialistas recuperasen o goberno. A moción tivo lugar uns días despois do feito máis relevante ocorrido baixo o seu mandato, a inauguración da ponte entre a Illa e Vilanova.


Predecesor:
José Vázquez García
 
Alcalde de Vilanova de Arousa
 
1983 - 1985
Sucesor:
José Vázquez García

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Palmira Pouso Dios e tiveron 15 fillos. Faleceu o 14 de outubro de 1995 no Hospital Provincial de Pontevedra tras sufrir un derramamento cerebral.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia ed. Arousa, 15-10-1995, p. 41.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]