José Vázquez García

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Vázquez García
Biografía
Nacemento4 de maio de 1944 Editar o valor em Wikidata (79 anos)
Bamio, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Vilanova de Arousa
1985 – 1989
← Juan Nieto DiosJuan Manuel Dios Oubiña →
Alcalde de Vilanova de Arousa
1979 – 1983 – Juan Nieto Dios → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre , político Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido dos Socialistas de Galicia Editar o valor em Wikidata


José "Sito" Vázquez García, nado en Bamio (Vilagarcía de Arousa) o 4 de maio de 1944, é un político e mestre galego do PSdeG-PSOE que foi o primeiro alcalde democrático de Vilanova de Arousa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Mestre de EXB, instalouse na Illa de Arousa no 1968. Militante do MCG e posteriormente do PCG, nas eleccións municipais de 1979 foi elixido alcalde de Vilanova de Arousa encabezando unha candidatura independente de esquerdas que logrou a maioría simple. Nas municipais de 1983 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE e logrou unha contundente vitoria, ó bordo da maioría absoluta, pero non logrou a alcaldía dado que os demais grupos políticos apoiaron ó único concelleiro de Unión Isleña Democrática, Juan Nieto Dios. Este feito supuxo unha forte tensión social, algúns dos concelleiros que apoiaron a Nieto Dios recoñeceron presións, as cales parecían motivadas polas denuncias de contrabando que Vázquez fixera durante o seu mandato. Boa parte dos veciños da Illa (onde os socialistas lograran un resultado esmagador e onde residía Nieto Dios) non viron ben a elección do independente como alcalde, o cal conduciu a ameazas entre ambos os bandos, tendo que mudarse Nieto a Vilanova de Arousa, e Vázquez chegando a sufrir unha agresión e diversas ameazas. O novo alcalde foi perdendo progresivamente os apoios na corporación, ante o cal se rematou por presentarse unha moción de censura, a cal foi votada en outubro de 1985 retomando Vázquez a alcaldía. Nas municipais de 1987 encabezou de novo a candidatura socialista e nesta ocasión logrou ser reelixido con maioría absoluta. En agosto de 1989 renunciou á alcaldía e foi substituído polo seu compañeiro Juan Manuel Dios Oubiña.

Trala súa retirada da alcaldía seguiu formou parte da coordinadora pola segregación da Illa de Arousa de Vilanova de Arousa nos anos 90, chegando tamén a formar parte da Executiva Nacional Galega do PSdeG nesa época.


Predecesor:
Juan Dorgambide Ibarreche
 
Alcalde de Vilanova de Arousa
 
1979 - 1983
Sucesor:
Juan Nieto Dios
Predecesor:
Juan Nieto Dios
 
Alcalde de Vilanova de Arousa
 
1985 - 1989
Sucesor:
Juan Manuel Dios Oubiña

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]