Juan Muñoz Salcedo
Este artigo ou categoría carece de ligazóns interlingüísticas. Engádellas premendo na opción "Engadir ligazóns" da columna da esquerda e escribindo o código de lingua e mais o nome correspondente a este artigo ou categoría nesa lingua. Logo diso retira o modelo {{Seniw}} da páxina.Colabora connosco neste artigo e noutros en condicións semellantes para que a Galipedia mellore e medre. |
Juan Antonio Muñoz Salcedo | |
---|---|
Bispo da Igrexa católica latina (Igrexa católica) | |
Biografía | |
Nacemento | 26 de setembro de 1650 en Santisteban del Puerto (hoxe provincia de Xaén, Andalucía) |
Pasamento | 5 de maio de 1728 (77 anos) |
Bispo de Mondoñedo | |
1705 - 1728 | |
Outros | |
Ficha en catholic-hierarchy.org |
Frei Juan Antonio Muñoz Salcedo, nado en Santisteban del Puerto (provincia de Xaén) o 26 de setembro de 1650 e finado o 5 de maio de 1728, foi un eclesiástico e catedrático español.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo de Pedro Muñoz Ortega e de Dona Elvira Salcedo. Co nome de Juan de Santisteban ingresou o 17 de febreiro de 1670 nos Xerónimos de San Lorenzo do Escorial antes de cumprir os vinte anos, onde cursou os oito do Colexio. Era moi erudito en ciencias eclesiásticas e foi Catedrático de Sagrada Escritura e de Teoloxía Moral no Escorial, chegando a ser predicador do rei. Foi elixido prior do mosteiro de Santa Catalina de Talavera sendo reelixido ao rematar o primeiro trienio de mandato. Do priorado de San Lorenzo pasou a ser elixido polo rei Filipe V para ocupar o bispado de Mondoñedo,[1] sendo confirmado polo constistorio romano o 20 de xullo de 1705 e tomando posesión da diocese o 2 de decembro dese mesmo ano.[1] Morreu o 5 de maio de 1728.[2]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 Roldán, Alberto García. "GALICIA PUEBLO A PUEBLO: CATEDRAL, MONDOÑEDO". GALICIA PUEBLO A PUEBLO. Consultado o 2017-04-06.
- ↑ "Fray Juan Muñoz Salcedo". www.redjaen.es. Consultado o 2017-04-06.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
![]() |
Este artigo sobre relixión é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |