Saltar ao contido

Antonio de Guevara

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAntonio de Guevara

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoc. 1480 Editar o valor en Wikidata
Treceño Editar o valor en Wikidata
Morte3 de abril de 1545 Editar o valor en Wikidata (64/65 anos)
Mondoñedo Editar o valor en Wikidata
Bispo de Mondoñedo
11 de abril de 1537 
 Pedro Pacheco de Villena (pt) TraducirDiego Soto Valera (pt) Traducir 
Roman Catholic Bishop of Guadix-Baza (en) Traducir
22 de xaneiro de 1528 
 Gaspar de Ávalos de la CuevaAntonio del Aguila Vela y Paz (en) Traducir 
Diocese: Diocese de Guadix (pt) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoTeoloxía, literatura e historia Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónescritor, bispo católico, clérigo, sacerdote católico, historiador, bispo Editar o valor en Wikidata
Orde relixiosaOrde dos Freires Menores Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsFernando de Guevara Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteSvensk uppslagsbok
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Library of the World's Best Literature Editar o valor en Wikidata
Enciclopedia Galega Universal: 132668 BNE: XX956440

Frei Antonio de Guevara, nado en Treceño, no concello de Valdáliga (Cantabria), en 1480 e finado en Mondoñedo o 3 de abril de 1545, foi un eclesiástico e escritor español, un dos máis populares do Renacemento.

Ingresou como franciscano en Valladolid pero foi reclamado como predicador persoal e cronista polo emperador Carlos V.

En 1527 foi nomeado bispo de Guadix, onde permaneveu ata 1536, e pasar en 1539 á sede episcopal de Mondoñedo, onde permaneceu ata o seu pasamento.

Estableceu unha imprenta en Mondoñedo e calcúlase que as súas obras se publicaron durante os séculos XVI e XVII máis de 600 veces por toda Europa. Entre outros títulos, escribiu Relox de príncipes, Menosprecio de corte y alabanza de aldea Epístolas familiares ou Monte Calvario.

Sínodo de Mondoñedo

[editar | editar a fonte]

En 1541, o bispo Guevara dirixiu un sínodo que adquiriu especial reñevancia polos malos hábitos e abusos que pretendía corrixir, tanto os protagonizados pola colectividade social como polos propios cregos nas súas parroquias. Así, por exemplo, prohíbiu as comidas e celebracións que se adoitaban facer nas igrexas tralas exequias e limitou os banquetes funerarios que organizaban os familiares para agasallar ós acompañantes. Tamén se condenaban, como supersticións, prácticas tradicionais como o tizón de Nadal, exconxurar as tormentas, certos rituais de medicina popular ou certas probas para asegurar a fidelidade da muller.[1]

Frases soadas

[editar | editar a fonte]

Está é unha listaxe incompleta das frases máis famosas de frei Antonio de Guevara, orixinalmente en castelán coa súa respectiva tradución ao galego:

  • "El aconsejar es un oficio tan común que lo usan muchos y lo saben hacer muy pocos." ("O aconsellar é un oficio tan común que o usan moitos e o saben facer moi poucos.").
  • "Lo que al caballero le hace ser caballero es ser medido en el hablar, largo en el dar, sobrio en el comer, honesto en el vivir, tierno en el perdonar y animoso en el pelear." ("O que ao cabaleiro fai ser cabaleiro é ser medido no falar, largo no dar, sobrio no comer, honesto no vivir, tenro no perdoar e animoso no pelexar.").
  • "A los cordiales amigos no basta alumbrarles por do vayan sino que les hemos de quitar los tropiezos a do tropiecen." ("Aos cordiais amigos non basta alumarlles por onde vaian senón que lles habemos de quitar os tropezos onde tropecen.").
  •  "Las guerras, para ser buenas, las han de encomendar a los dioses, aceptarlas los príncipes, justificarlas los filósofos y ejecutarlas los capitanes." ("As guerras, para seren boas, hanas de encomendar aos deuses, aceptalas os príncipes, xustificalas os filósofos e executalas os capitáns.").

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Manuel de Castro, OFM, "Antonio de Guevara", en Diccionario de Historia Eclesiástica de España. Madrid 1972, vol. II, páxs. 1066-1067.
  • Pedro Correa Rodríguez, "Fray Antonio de Guevara", en Gran Enciclopedia Rialp. Madrid 1972, Tomo XI, páxs. 454-455.
  • Landeira Yrago, José: Gran Enciclopedia Galega, s. v. Guevara, Fre Antonio de.
  • López Cuétara, José Miguel, Fray Antonio de Guevara, literatura vs. filosofía. Verdad y vida, ISSN 0042-3718, Nº 240-241, 2004.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre relixión é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.