Juan María Aburto
(2015) | |
Nome orixinal | (es) Juan María Aburto Rike |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 28 de marzo de 1961 (63 anos) Bilbao, España |
Alcalde de Bilbao | |
13 de xuño de 2015 – ← Ibon Areso | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Deusto |
Actividade | |
Lugar de traballo | Bilbao |
Ocupación | político, xurista |
Partido político | Euzko Alderdi Jeltzalea - Partido Nacionalista Vasco |
Juan María Aburto Rike, nado en Bilbao o 28 de marzo de 1961, é un político vasco, membro do Partido Nacionalista Vasco. Dende o 13 de xuño de 2015 é alcalde de Bilbao.
Biografía
[editar | editar a fonte]É licenciado en Dereito pola Universidade de Deusto. Traballou como director de servizos entre 1991 e 1994 para o Goberno Vasco, no equipo do entón Conselleiro de Interior Juan María Atutxa. En 1994 foi nomeado director xeral do Réxime Xurídico e Función Pública da Deputación Foral de Biscaia e en 2003 pasaría a ser deputado foral de Acción Social. En xuño de 2011 foi nomeado Deputado Foral de Presidencia, converténdose na man dereita do deputado xeral José Luis Bilbao. En decembro do 2012 foi designado Conselleiro de Emprego e Políticas Sociais do Goberno Vasco, tendo que deixar o seu cargo na deputación.[1]
O 1 de outubro de 2014 fixo pública a súa candidatura á alcaldía do concello de Bilbao polo Partido Nacionalista Vasco e en febreiro de 2015 dimitiu como conselleiro de Emprego e Asuntos Sociais, sendo substituído por Ángel Tarsicio Toña Güenaga. O 13 de xuño de 2015 foi proclamado alcalde de Bilbao, grazas a un acordo de investidura co PSE-EE.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ «Bilbao nomeará esta semana ao substituto de Aburto na Deputación[Ligazón morta]», Deia, 18 de decembro de 2012.
- ↑ «Aburto (PNV), elixido alcalde de Bilbao, EiTB, 13 de xuño de 2015.
Predecesor: Ibon Areso |
Alcalde de Bilbao 13 de xuño de 2015 - actualidade |
Sucesor: No cargo |