Juan María Aburto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJuan María Aburto
Nome orixinal(es) Juan María Aburto Rike Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento28 de marzo de 1961 Editar o valor em Wikidata (63 anos)
Bilbao, España Editar o valor em Wikidata
Cargos
   Alcalde de Bilbao
Período13 de xuño de 2015 – 
AntecesorIbon Areso
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Deusto Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Bilbao Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico , xurista Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Nacionalista Vasco
LinguaLingua castelá e lingua éuscara Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 4543374

Juan María Aburto Rike, nado en Bilbao o 28 de marzo de 1961, é un político vasco, membro do Partido Nacionalista Vasco. Dende o 13 de xuño de 2015 é alcalde de Bilbao.

Biografía[editar | editar a fonte]

É licenciado en Dereito pola Universidade de Deusto. Traballou como director de servizos entre 1991 e 1994 para o Goberno Vasco, no equipo do entón Conselleiro de Interior Juan María Atutxa. En 1994 foi nomeado director xeral do Réxime Xurídico e Función Pública da Deputación Foral de Biscaia e en 2003 pasaría a ser deputado foral de Acción Social. En xuño de 2011 foi nomeado Deputado Foral de Presidencia, converténdose na man dereita do deputado xeral José Luis Bilbao. En decembro do 2012 foi designado Conselleiro de Emprego e Políticas Sociais do Goberno Vasco, tendo que deixar o seu cargo na deputación.[1]

O 1 de outubro de 2014 fixo pública a súa candidatura á alcaldía do concello de Bilbao polo Partido Nacionalista Vasco e en febreiro de 2015 dimitiu como conselleiro de Emprego e Asuntos Sociais, sendo substituído por Ángel Tarsicio Toña Güenaga. O 13 de xuño de 2015 foi proclamado alcalde de Bilbao, grazas a un acordo de investidura co PSE-EE.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Ibon Areso

Alcalde de Bilbao

13 de xuño de 2015 - actualidade
Sucesor:
No cargo