Juan Martínez Fontenla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Juan Martínez Fontenla
Nacemento19 de outubro de 1906
Lugar de nacementoA Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Juan Martínez Fontenla, nado na Coruña o 19 de outubro de 1906, foi un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ingresou no PSOE en xuño de 1931 e tamén pertencía a UGT. Secretario da Agrupación Socialista da Coruña en 1936, acudiu ao Congreso da Federación Local da UGT. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 participou na resistencia ao golpe, e unha vez que triunfou, agochouse. Procesado por roubo de armas no Palacio de Xustiza xunto con José María Galán Becerra e Francisco Naya Mariñas, foi reclamado polo Xulgado de Instrución da Coruña en xuño de 1937.[1] Exiliado en México onde chegou procedente de Portugal en febreiro de 1947. En México pertenceu á Agrupación Socialista Española.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, 23-6-1937, p. 4.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]