Juan Manuel Arza Muñuzuri

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJuan Manuel Arza Muñuzuri
Biografía
Nacemento17 de outubro de 1932 Editar o valor em Wikidata
Lizarra, España Editar o valor em Wikidata
Morte15 de marzo de 2019 Editar o valor em Wikidata (86 anos)
Lizarra, España Editar o valor em Wikidata
Q62096467 Traducir
29 de setembro de 1980 – 14 de xaneiro de 1984
← Jaime Ignacio del BurgoJaime Ignacio del Burgo → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , avogado Editar o valor em Wikidata
EmpregadorDiputación Foral de Navarra (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Partido políticoUnión de Centro Democrático Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Premios

Juan Manuel Arza Muñuzuri, nado en Estella-Lizarra, Navarra o 17 de outubro de 1932e finado ibídem o15 de marzo de 2019,[1] foi un avogado e político navarro, presidente da Deputación Foral de Navarra (1980-1984).

Traxectoria política[editar | editar a fonte]

Foi concelleiro de Estella en 1973 e alcalde en 1974.[2] Nas eleccións ao Parlamento Foral do 3 de abril de 1979 foi elixido deputado foral poli Meiriñado de Estella ao encabezar a lista de Unión de Centro Democrático, a máis votada na súa circunscrición. Correspondeulle o cargo de vicepresidente, por idade, ao constituírse a Deputación.

Pasou a desempeñar interinamente a presidencia da Deputación ao aprobarse a destitución como Presidente de Jaime Ignacio del Burgo. En setembro de 1980 foi elixido Presidente da Deputación Foral como candidato proposto por UCD.

Durante o seu mandato presidiu, por parte de Navarra, a comisión que negociou co Estado, entre 1980 e 1982, o Pacto de Amelloramento e Reintegración do Réxime Foral de Navarra, aprobado por Lei Orgánica de 16 de agosto de 1982, e que supuxo, entre outras cousas, a conversión da Deputación Foral de Navarra en el Goberno de Navarra.

En xaneiro de 1984, tras a restitución de Jaime Ignacio del Burgo na presidencia da Deputación, volveu á súa anterior condición.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Navarra, Diario de Navarra (15 de marzo de 2019). "Fallece el expresidente del Gobierno de Navarra Juan Manuel Arza Muñuzuri" (en castelán). Consultado o 15 de marzo de 2019. 
  2. "Arza Muñuzuri, Juan Manuel - Auñamendi Eusko Entziklopedia" (en éuscaro). Consultado o 15 de marzo de 2019.