Saltar ao contido

Juan Manuel Ameijeiras

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJuan Manuel Ameijeiras Delgado

O Hospital Hermanos Ameijeiras, na Habana, chamado así en honor de Juan Manuel Ameijeiras e seus irmáns
Biografía
Nacemento23 de outubro de 1932 Editar o valor en Wikidata
Cuba Editar o valor en Wikidata
Morte26 de xullo de 1953 Editar o valor en Wikidata (20 anos)
Cuartel Moncada, Cuba Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónrevolucionario Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Conflitoasalto ao cuartel Moncada Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsEfigenio Ameijeiras
Gustavo Ameijeiras
Ángel Ameijeiras Editar o valor en Wikidata

Juan Manuel Ameijeiras Delgado, tamén coñecido como "Mel" Ameijeiras, nado en Pueblo Viejo, Jesús Menéndez, Las Tunas, Cuba, o 23 de outubro de 1932 e finado en Santiago de Cuba o 26 de xullo de 1953, foi un revolucionario cubano de orixe galega.

Era un dos irmáns Ameijeiras. Participou en accións contra a ditadura de Fulgencio Batista e perdeu a vida no frustrado asalto liderado por Fidel Castro ao cuartel Moncada

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Seu pai foi o emigrante galego Manuel Ameijeiras Fontenla, natural de Campo Lameiro[1], quen despois de emigrar á Arxentina e volver a Galicia, partiu cara a Cuba. Alí coñeceu á súa futura esposa, María de las Angustias Delgado Romo, de Corral Falso, Matanzas, coa que tivo dez fillos. O último deles foi Juan Manuel, que levou o nome do pai e do primeiro irmán, morto na infancia.[2] O pai volveu ao seu país onde desapareceu na guerra civil, polo que a nai tivo que ocuparse soa dos fillos.

A familia trasladouse a Puerto Padre, máis tarde a Santa Clara e finalmente instalouse na Habana, onde o irmán máis vello, Gustavo, traballou nun taller e ensinaba mecánica aos seus irmáns.[3] Mel traballou como chofer nunha empresa de coches de aluger.[3][4]

Participou nas actividades do recentemente fundado Partido Ortodoxo de Eduardo Chibás. Tras o golpe de estado de Fulgencio Batista de 1952, moitos xoves acudiron á Universidade da Habana a reclamar armas, entre eles Mel e o seu irmán Efigenio.[2]

Ese verán comeza a recibir instrución militar e o 25 de xullo de 1952 reúnese con Fidel Castro e con máis dun cento de combatentes na granxa Siboney, preto de Santiago de Cuba, para asaltar ao día seguinte o cuartel Moncada. Ao amencer, a maioría de coches dirixíronse ao cuartel, mentres tres deles foron ao hospital anexo: un deles conducido por Abel Santamaría, outro por Mel e o terceiro por Mario Muñoz. O asalto fracasou e tras un longo tiroteo, Mel foi detido xunto con outros combatentes. Máis tarde foron conducidos ás cortes do cuartel e asasinados.[2]

A súa familia viu a foto do seu corpo na revista Bohemia e o seu irmán Gustavo, foi ao Oriente para encontralo, pero foi tamén detido e encarcerado. Finalmente foi xulgado e absolto. Un informe da policía identificou a Juan Manuel como o cadáver número 25.

Trala súa morte púxoselle o seu nome a unha das columnas do Exército Rebelde que loitaba en Sierra Maestra: a Columna 6 Juan Manuel Ameijeiras.[5]

Tamén leva o seu apelido e o de seus irmáns o hospital máis importante de Cuba, o Hospital Hermanos Ameijeiras da Habana.

  1. "Os outros galegos na revolución cubana". Sermos Galiza. 29 de novembro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 05 de xaneiro de 2019. Consultado o 15 de xaneiro de 2019. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Juan Manuel Ameijeiras Delgado en Ecured". www.ecured.cu (en castelán). Consultado o 15 de xaneiro de 2019. 
  3. 3,0 3,1 "Crónicas de la Revolución Cubana: los hermanos Ameijeiras". www.tercerainformacion.es (en castelán). Consultado o 15 de xaneiro de 2019. 
  4. "Mel Ameijeiras, presencia de Las Tunas en el Moncada". www.tiempo21.cu (en castelán). Consultado o 15 de xaneiro de 2019. 
  5. "Columna 6 Juan Manuel Ameijeiras". www.ecured.cu (en castelán). Consultado o 15 de xaneiro de 2019.