Juan Eiras

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Juan Eiras
Nacemento30 de maio de 1977
Lugar de nacementoVigo
NacionalidadeEspaña
Na rede
IMSLP: Category:Eiras,_Juan Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Juan Eiras, nado en Vigo o 30 de maio de 1977, é un músico, compositor e profesor de composición galego. O profesor Roberto Relova incluíuno na Xeración Sensible de novos compositores galegos.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou Educación Musical na Universidade de Vigo, e Piano e Composición no Conservatorio Superior de Música de Vigo. Posteriormente realizou un Posgrao en Composición no Conservatorio Superior de Música de Aragón, con José María Sánchez Verdú e un mestrado en Investigación musical na Universidade Internacional da Rioxa (UNIR). Ampliou a súa formación cos compositores Antón García Abril, Albert Sardá, Christophe Havel, Arnau Bataller, Nacho de Paz, Héctor Parra, Philippe Hurel, Fabián Panisello, Agustí Charles, Alberto Posadas, Mauricio Sotelo, Ivan Fedele, Beat Furrer, Salvatore Sciarrino, Luis de Pablo, Sofiia Gubaidulina e Helmut Lachenmann.

No ano 2009 obtivo o Premio Andrés Segovia - José Miguel Ruíz de Morales na LII Edición do Curso Universitario Internacional de Música Española - Música en Compostela, e foi finalista do II Concurso Galego de Composición para Banda de Música coa obra Auga levada. No ano 2012 acadou a Convocatoria para Novos Compositores de Plural Ensemble coa obra Samhain, seleccionada polo comité de lectura do grupo instrumental madrileño para formar parte na súa xira de concertos 2012-2013. Tamén nese ano obtivo o Primeiro Premio na sección sinfónica do V Concurso Galego de Composición para Banda de Música coa obra Insomnio, organizado pola Federación Galega de Bandas de Música Populares e a AGADIC. No ano 2013 foi seleccionado no Programa de Incentivos á Creación da Fundación SGAE[1] en colaboración coa Asociación Española de Orquestras Sinfónicas. En 2014 estreou a obra Old Sailor's Room coa Real Filharmonía de Galicia en Santiago de Compostela[2]. Tamén en 2014 Eiras gañou o III Concurso Internacional de Composición para Música de Cámara Arturo Dúo Vital, promovido pola Fundación Botín coa obra Beltane, Memory of the Fire[3]. En 2015 a obra foi estreada por Plural Ensemble, baixo a dirección de Fabián Panisello, na 64 Edición do Festival Internacional de Santander.

Dende o ano 2008 é profesor de Composición no Conservatorio Superior de Música de Vigo e dende o ano 2017 é preparador de opositores na especialidade de Fundamentos de Composición, na Acadmia Dos Acordes.

Obra[editar | editar a fonte]

Orquestra[editar | editar a fonte]

Instrumental
  • Dualismos (2005-2018)
  • Tales of Lughnasadh (2012-2018)
  • Old Sailor's Room (2013) [4][5][6][7][8][9][10][11]
  • Metaplasmos II (2012)
  • Abstract: abellas d'ouro (2008, rev. 2016)
  • Bitácora 01-04 (2006-2007)
  • As abellas d'ouro (2004)
Vocal

Banda[editar | editar a fonte]

Instrumental
  • Insomnio (2010-2012). 1º Premio (sección sinfónica) no V Concurso galego de Composición para Bandas de Música e Sección Sinfónica. Obra obrigatoria no VII Certame de Bandas de Música Populares, 1ª Sección.[19][20]
  • Auga levada (2009). Obra finalista no II Concurso de Composición para Bandas de Música. Obra obrigada no IV Certame Galego de Bandas de Música Populares, 3ª sección.[21]

Ensemble[editar | editar a fonte]

+ de 5 músicos

Instrumental
  • Beltane, Memory of the Fire (2012-2014). 1º Premio no III Concurso Internacional de Composición para Música de Cámara Arturo Dúo Vital [22][23]
  • Samhain (2012). Obra premiada por Plural Ensemble na Convocatoria para novos compositores 2012-2013.[24][25][26][27][28]
  • Cantos da Maré (2010, rev. 2013)
  • Bitácora 05-06 (2006-2007)
  • Var. 7.2 (2006) [29][30]
Vocal
  • Suite de tres poemas galegos (2005)

Cámara[editar | editar a fonte]

5 músicos[editar | editar a fonte]

Instrumental
  • "...in einem Nachmittag mit Beethoven" (2016)
  • Nano-Polyhedron (2015)
  • Polyhedron (2011-2012, rev. 2016)

4 músicos[editar | editar a fonte]

Instrumental
  • Chaxiraxi (2018)

3 músicos[editar | editar a fonte]

Instrumental
  • Encontros (2009, rev. 2013)
  • Minimal Ravings (2006, rev. 2014)
  • Enerxías renovables (2003) [31]
  • Suite para trío de percusión No. 1 (2003)

2 músicos[editar | editar a fonte]

Instrumental
  • Les Chemins de la Lumière (2017)
  • Preúdio aos Cantos da Maré (2010, rev. 2014)
  • Metaplasmos (2010, rev. 2017)
  • Desafío 08 (2008)
Vocal
  • Labirinto escuro (II). Meendinho in memoriam (2015)
  • Noiturno do adoescente morto (2005)

Solo[editar | editar a fonte]

Instrumental
  • Diacronías I (2015)
  • Obras para piano (2005)

Cinema[editar | editar a fonte]

  • Antonio Palacios, o galego que construíu Madrid (2007)
  • Camiños de busca (1999)

Premios[editar | editar a fonte]

Composición[editar | editar a fonte]

2019: Premio. III Concurso de Composición para Grupo de Cámara Agustín Ramos. Premios al Arte 2018. Ayuntamiento de Candelaria. Santa Cruz de Tenerife

2018: Seleccionado. I Taller de Creació Sonora Jove Orquestra de la Generaliltat Valenciana. XL Festival ENSEMS. Institut Valencià de Cultura. Generalitat Valenciana

2018: Seleccionado. Catálogo de Artistas AECID 2018. AECID. Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación. Goberno de España

2014: 1º Premio. III Concurso Internacional de Composición para Música de Cámara Arturo Dúo Vital' Obra: Beltane, Memory of the Fire Fundación Botín

2013: Programa de incentivos á creación.[32][33][34][35][36][37][38] Obra: Old Sailor's Room Fundación SGAE e AEOS Estrea: Real Filharmonía de Galicia

2012: 1º Premio. V Concurso Galego de Composición para Banda de Música e Sección Sinfónica Obra: Insomnio Federación Galega de Bandas de Música Populares e XUGA

2012: Premio. Convocatoria para Novos Compositores Obra: Samhain Plural Ensemble (Madrid, España)

2009: Finalista. II Concurso Galego de Composición para Banda de Música Obra: Auga levada Federación Galega de Bandas de Música Populares e XUGA

2009: Premio Andrés Segovia - José Luis Ruíz de Morales. LII Curso Universitario Internacional de Música Española - Música en Compostela Modalidade: Música Sinfónica e Contemporánea Música en Compostela - USC - XUGA

Instrumentista[editar | editar a fonte]

2011: Finalista. VI Concurso Folkez Blai Irtio Ermua (País Vasco, España)

2006: Finalista. Runas 2006 Irtio Festival do Mundo Celta de Ortigueira

2003: Finalista. IV Concurso Folk de Cuartu los Valles Irtio Navelgas, Tineo (Asturias, España)

2001: Finalista. I Concurso Folk de Cuartu los Valles Alfolíes Navelgas, Tineo (Asturias, España)

2000: 1º Premio. I Concurso Folc de Radio Obradoiro Alfolíes Radio Obradoiro, Santiago de Compostela (Galicia, España)

2000: Finalista. I Concurso Folc de Radio Obradoiro Irtio Radio Obradoiro, Santiago de Compostela (Galicia, España)

2000: 1º Premio. I Día da Música Xove Irtio XUGA

1999: Finalista. San Estevo de Ribas de Sil Irtio Zouma Records, Ourense (Galicia, España)

1999: 1º Premio. X Concurso de Música Folk de Galicia Irtio XUGA

Xurado[editar | editar a fonte]

2013: I Concurso Rosaliano de Composicións breves CMUS Profesional de Vigo

2011: IV Concurso Galego de Composición para Banda de Música e Sección Sinfónica Federación Galega de Bandas de Música Populares e XUGA

2011: X Certame de Novos Intérpretes Solistas José Valcárcel A Estrada (Galicia, España)

Gravacións[editar | editar a fonte]

Clásica[editar | editar a fonte]

  • Clarinete e piano. Antoloxía de compositores galegos. Intérpretes: Asterio Leiva e Alejo Amoedo. Ouvirmos, 2012

Popular[editar | editar a fonte]

  • Raianas. Intérprete: Malvela. Fol Música, 2011 (só composicións)
  • Vórtice. Intérprete: Irtio. Irtio, C.B., 2010
  • Da miña xanela á túa. Intérprete: Malvela. Pai Música, 2007 (só composicións)
  • O aghinaldo. Intérprete: Malvela. Pai Música, 2004
  • Mar de Pedra. Intérprete: Irtio. Discmedi, 2003
  • Que o pano non me namora. Intérprete: Malvela. Edicións do Cumio, 2003
  • I Día da Música Xove. Intérprete: Irtio et alter. Xunta de Galicia, 2000
  • Alfolíes. Intérprete: Alfolíes. Radio Obradoiro, 2000
  • X Concurso Folk Xuventude '99. Intérprete: Irtio et al. Xunta de Galicia, 1999

Colaboracións discográficas[editar | editar a fonte]

  • A última verbena. Intérprete: The Turre's Band. Autoedición, 2010
  • Crepúsculo mental. Intérprete: María José Baz. Autoedita, 2009
  • Son da alma. Intérprete: Xil Ríos. Pai Música, 2009
  • Cinsa namorada. Intérprete: Tino Baz. Pai Música, 2007
  • Folk ó forno. Intérprete: Conxunto folk do CMUS Superior de Vigo. Autoedición, 2007
  • Meniños cantores. Intérprete: varios. Pai Música, 2005
  • Camiñante. Intérprete: Brañas Folk. Pai Música, 2002

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "La Fundación Autor concede ayudas a doce compositores en 2013 para la creación sinfónica" Arquivado 15 de setembro de 2016 en Wayback Machine., Sala de Prensa da Fundación Autor, febreiro de 2013 (en castelán).
  2. "La Real Filharmonía estrena a Eiras" Arquivado 08 de agosto de 2016 en Wayback Machine., artigo en Scherzo, maio de 2014 (en castelán).
  3. "El compositor gallego Juan Eiras gana el Concurso Internacional de Composición para Música de Cámara 2014 Arquivado 01 de xuño de 2020 en Wayback Machine., Sala de Prensa da Fundación Botín, abril de 2014 (en castelán).
  4. "Lugrís por Juan Eiras", crítica en elCorreoGallego.es, maio de 2014 (en castelán).
  5. Juan Eiras: "Recoñecer unha melodía fainos sentir parte dunha sociedade e dun tempo", entrevista en GD Tendencias, maio de 2014 .
  6. "Ésta es la época en la que se está tocando menos música contemporánea", entrevista en Faro de Vigo, maio de 2014 (en castelán).
  7. "La RFG interpreta 'Old sailor room' de Juan Eiras", artigo en elCorreoGallego.es, maio de 2014 (en castelán).
  8. "La Real Filharmonía estrena una obra de Juan Eiras", artigo en La Voz de Galicia, maio de 2014 (en castelán).
  9. "La Real Filharmonía de Galicia estrena una obra del compositor gallego Juan Eiras", artigo en DoceNotas.com, maio de 2014 (en castelán).
  10. "La Filharmonía estrena una obra del compositor Juan Eiras, inspirada en un cuadro de Lugrís", artigo en elCorreoGallego.es, maio de 2014 (en castelán).
  11. "Estrea dunha obra do compositor galego J. Eirás en Ourense", artigo en OSIL.info, maio de 2014 .
  12. "Juan Eiras: Siento orgullo y gratitud", crítica en Faro de Vigo, novembro de 2014 (en castelán).
  13. "La Vigo 430 homenajea un siglo de las cantigas de Martín Códax", artigo en Faro de Vigo, 16 de novembro de 2014 (en castelán).
  14. "Musicalizar o mar de Martin Codax", artigo en GD Tendencias, novembro de 2014.
  15. "El pergamino Vindel es un documento de culto", artigo en Atlántico Diario, novembro de 2014 (en castelán).
  16. "Mi obra es un homenaje a Martín Códax, a Vindel y al pergamino de las cantigas" Arquivado 14 de xaneiro de 2015 en Wayback Machine., entrevista en La Voz de Galicia, novembro de 2014 (en castelán).
  17. "Fantasía y ciencia para traducir cantigas en sinfonía", artigo en Faro de Vigo, setembro de 2014 (en castelán).
  18. "La Vigo 430 estrena una obra sinfónica basada en las cantigas de Martín Códax", artigo en Faro de Vigo, agosto de 2014 (en castelán).
  19. "O VII Certame Galego de Bandas ten gañador pontevedrés: a Banda de Música de Salcedo", artigo en PontevedraViva.com, novembro de 2013.
  20. "Las bandas de Valga y Caldas de Reis compiten el domingo en el VII Certame Galego" Arquivado 01 de xuño de 2020 en Wayback Machine.,artigo en Diario de Arousa, novembro de 2013 (en castelán).
  21. "O tema 'Auga levada' fai referencia ás miñas lembranzas infantíes en Agolada", entrevista en Faro de Vigo, xaneiro de 2010.
  22. "Juan Eiras gana el Concurso de Composición Dúo Vital" Arquivado 04 de abril de 2014 en Wayback Machine., artigo en Diario Montañés, 3 de abril de 2014 (en castelán).
  23. "O músico galego Juan Eiras gaña un importante concurso internacional de composición", artigo en GD Tendencias, abril de 2014.
  24. "Seis estrenos en familia", crítica en Diario de Sevilla, novembro de 2012 (en castelán).
  25. "FESTIVAL DE ENSEMBLES ENCUENTROS SONOROS 2012", artigo en culturadesevilla.wordpress.com, decembro de 2012 (en castelán).
  26. "La actuación de Plural Ensemble abre las Jornadas de Música Contemporánea Española", programación en victorrebullida.blogspot.com, novembro de 2012 (en castelán).
  27. "Plural Ensemble: Perspectivas XXI. Música del siglo XXI en España e Hispanoamérica", Programación de L'Auditori de Barcelona, decembro de 2012 (en castelán).
  28. "Ensamble español estrenará obra de compositor venezolano Luis Pérez Valero", artigo en venezuelasinfonica.com, outubro de 2012 (en castelán).
  29. "El Tac Ensemble del CGAC", artigo en elCorreoGallego.es, Nadal de 2010 (en castelán).
  30. "Taller Atlántico: el reto de perdurar" Arquivado 29 de agosto de 2016 en Wayback Machine., crítica en Mundoclasico.com, Nadal de 2010 (en castelán).
  31. "JUAN MANUEL EIRAS TOJO", artigo en aquamlatam.blogspot.com, Nadal de 2007.
  32. "La Fundación Autor concede ayudas para la creación sinfónica", artigo en Forum Clásico, marzo de 2013 (en castelán).
  33. "Tres compositores gallegos reciben ayudas de la SGAE para la creación sinfónica" Arquivado 04 de abril de 2013 en Wayback Machine., artigo en Faro de Vigo, febreiro de 2013 (en castelán).
  34. "Tres de las doce ayudas de la SGAE recaen en compositores gallegos", artigo en La Opinión, febreiro de 2013 (en castelán).
  35. "La SGAE concede ayudas a doce compositores españoles", artigo en eldiario.es, febreiro de 2013 (en castelán).
  36. "La Fundación Autor concede ayudas a doce compositores para la creación sinfónica"{, artigo en informativostelecinco.com, febreiro de 2013 (en castelán).
  37. "La Fundación Autor concede ayudas a doce compositores para la creación sinfónica" Arquivado 09 de agosto de 2016 en Wayback Machine., artigo en La Voz Libre, febreiro de 2013 (en castelán).
  38. "Tres compositores gallegos recibirán ayudas de la Fundación Autor para la creación sinfónica" Arquivado 15 de setembro de 2016 en Wayback Machine., Sala de Prensa da Fundación SGAE, febreiro de 2013 (en castelán).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]