Juan Diego Conde Eguileta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJuan Diego Conde Eguileta

Juan Diego Conde Eguileta, nado en Ourense en 1976, é un artista marcial galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a súa carreira nas artes marciais con judo na infancia, para continuar con taekwondo durante 8 anos. Na Universidade de Santiago de Compostela iníciase na esgrima deportiva no club Compostela Esgrima.

En 2007 coñece a existencia das artes marciais históricas europeas, e reúne un grupo de estudo. Co-funda a Asociación Ourensá de Esgrima Antiga en 2008, onde é un dos instrutores principais. Está especializado na tradición da Verdadeira Destreza.[1]

Impartiu varias clases en encontros da AGEA.[2]

Forma parte da AGEA Editora, onde realiza traballos de edición e tradución.[3]

Desde 2016 pertence á Academia da Espada, escola onde continúa a súa formación na Verdadeira Destreza.

Xunto con Santiago Villar Labarta levou a cabo o estudo e catalogación da colección de espadas modernas do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense.[4]

É un dos presentadores do podcast sobre esgrima histórica Diálogos de Acero.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Acerca de nós". AGEA Editora (en portugués). Consultado o 2020-10-21. 
  2. "Torneo Torre de Hércules: Clases". Torneo Torre de Hércules. Consultado o 2020-10-21. 
  3. "Manuscrito da espada. Biblioteca da Ajuda 49-III-6(2)". AGEA Editora (en portugués). Consultado o 2020-10-21. 
  4. Eguileta, Juan Diego Conde; Labarta, Santiago Vilar. "Peza do mes. Museo arqueolóxico de Ourense. ESPADAS MODERNAS séculos XVII ao XX" (en inglés). 
  5. "Dialogos de Acero". iVoox (en castelán). Consultado o 2020-10-21.