Juan Beltrán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Juan Beltrán
Juan Beltrán 1922.jpg
Nacemento26 de xuño de 1872
 A Coruña
Falecemento13 de novembro de 1928
 A Habana
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista e escritor
editar datos en Wikidata ]

Juan Beltrán Muíños, nado na Coruña o 26 de xuño de 1872 e finado na Habana o 13 de novembro de 1928[1], foi un xornalista e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Secundou a Manuel Monteagudo na fundación do primeiro grupo esperantista da Coruña. Emigrou a Cuba a principios do século XX e residiu en Guanabacoa. Foi contable de comercio. Escribiu no Diario de la Marina unha sección de comentarios críticos de libros, e colaborou en Galicia, Gráfico, El Comercio, Cuba, Guanabacoa Gráfica, Eco de Galicia, El Hogar, Labor Gallega, La Patria Gallega, Revista Bimestre Cubana, Actualidades, Boletín del Ferrol y su Comarca, Chic e Archivos del Folklore Cubano. Usou os pseudónimos Abofé, B, JBM, P Caranza, J e JB. Foi membro da Sociedad Geográfica de Cuba. Foi presidente da Asociación Iniciadora y Protectora de la Academia Gallega. Morreu na Habana nun accidente de automóbil en 1929.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Historia de una subasta y subasta de varias historias, 1915.
  • Biografía de la señora Ana Aguado de Tomás, cantante que vivió de 1866 a 1921 y conoció la emigración revolucionaria, 1922.
  • Las armas de Galicia, 1923.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Diario de la Marina, 14-11-1928, p. 9.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]