Saltar ao contido

José Ángel Mañas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJosé Ángel Mañas

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) José Ángel Mañas Hernández Editar o valor en Wikidata
22 de outubro de 1971 Editar o valor en Wikidata (53 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Autónoma de Madrid - historia
Universidade de Sussex
Universidade de Grenoble Alpes (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0563756 BNE: XX1010770 Dialnet: 2443004 Editar o valor en Wikidata

José Ángel Mañas, nado en Madrid o 22 de outubro de 1971, é un escritor que decote é catalogado da xeración de novelistas neorrealistas españois da década de 1990, canda Juan Gracia, Gabriela Bustelo, Ray Loriga e Lucía Etxebarria. Os seus libros foron traducidos a varias linguas.

Mañas alcanzou a popularidade coa publicación de Historias del Kronen, a súa ópera prima. A novela, finalista do Premio Nadal de 1994,[1] converteuse en novela de culto, sobre todo despois da adaptación cinematográfica de Montxo Armendáriz. A Historias del Kronen seguírona tres novelas de similar ambiente e contido: Mensaka (1995), Ciudad Rayada (1998) e Sonko95. Autorretrato con negro de fondo (1999), que, con Historias del Kronen, forman a «Tetraloxía Kronen», sobre a que Mañas escribiu, na nota con que conclúe Sonko95, o seguinte:

Gosto dicir que estas catro novelas son novelas-punk ou «nobelas». Pensaba nese momento que «punk» —e cando empregaba este concepto tiña en mente a música dos Ramones e o exemplo de algúns grupos como a Velvet Underground— era o que mellor definía o que estaba intentando facer en literatura. Pensaba que era un bo símil que axudaba a resaltar as calidades estéticas —velocidade, autenticidade e crueza— que persigo na novela. Co tempo seguín explorando as posibilidades deste símil iluminador e dándolle máis profundidade ao concepto, que está resultando máis serio e útil do que esperaba. Para min unha «nobela» aglutina todos eses elementos heteroglósicos que a literatura novelesca de hoxe exclúe ou entrecomiña. Todo ese «ruído» —e por «ruído» entendo desde interferencias ortográficas até incorreccións coloquiais e calquera tipo de xerga ou linguaxe obviada normalmente pola literatura— ao que o auténtico novelista ten que recorrer se quere revitalizar e inxectarlle sangue novo a un xénero capacitado como ningún outro para darlle forma artística á linguaxe viva.

Entre as novelas da «Tetraloxía Kronen» sobresae Sonko95, onde se anticipan algunhas das características máis sinaladas das obras posteriores de Mañas. Sonko95, desde este punto de vista, ten moito máis que ver con Soy un escritor frustrado, de 1996, que con Historias del Kronen e Mensaka.

En Soy un escritor frustrado aparecen inquietudes que, ausentes nas dúas primeiras novelas de José Ángel Mañas, fanse inevitables en Sonko95, Mundo Burbuja (2001) e Caso Karen (2005), sobre todo, o seu carácter meta-literario. Soy un escritor frustrado describe, de feito, o seu propio procedemento de composición e comprácese, de paso, en reflexionar acerca das alegrías e miserias do éxito, que Mañas experimentou (malgré lui) de primeira man.

En Caso Karen, Mañas arremete sen piedade contra o mercado contemporáneo da Literatura e as súas máis relevantes institucións: autores, axentes, editoriais, premios e congresos. Como nas antigas novelas de pastores, moitos dos caracteres de Caso Karen son trasuntos de persoas reais: en «Karen del Korral» advírtense trazos da personalidade de Lucía Etxebarria; «Carina Martinell» é Carmen Balcells; «Armando Sala» é Antonio Gala etc. Caso Karen é, polo demais, a máis complexa das obras de Mañas dende o punto de vista da súa estrutura.

En 2007 publicouse a súa primeira incursión no xénero histórico: El secreto del Oráculo (Ediciones Destino), centrada na figura de Alexandre Magno,[2] seleccionada entre as cinco obras finalistas do premio 'Espartaco' á mellor novela histórica.

Na última novela de José Ángel Mañas, La pella (2008), o escritor volve a retomar a liña na que se dera a coñecer, cunha volta ao universo realista.[3]

A súa primeira incursión nun territorio alleo á ficción e a narrativa é Un alma en incandescencia (2008), caderno de aforismos publicado polo selo rioxano Editorial Buscarini.[4] A obra foi ilustrada e inspirada polo artista francés Franciam Charlot.

Adaptacións cinematográficas

[editar | editar a fonte]

Historias del Kronen foi a súa primeira novela adaptada ao cinema, de cuxo guión Mañas obtivo un Premio Goya. Da adaptación de Montxo Armendáriz desapareceron algúns dos referentes intelectuais da novela de Mañas como, sen ir máis lonxe, o American Psycho de Bret Easton Ellis, omnipresente nas conversas de Carlos e Roberto.

Salvador García Ruiz fíxose cargo da versión cinematográfica de Mensaka, que viu a luz en 1998. A novela Soy un escritor frustrado foi levada á gran pantalla baixo o título Imposture, dirixida por Patrick Bouchitey e que se estreou en 2005, ano de publicación de Caso Karen. Até 2008 non está prevista a adaptación de Ciudad Rayada

Lista de obras por orde cronolóxica

[editar | editar a fonte]
  • Historias del Kronen (1994)
  • Mensaka (1995)
  • Soy un escritor frustrado (1996)
  • Ciudad Rayada (1998)
  • Sonko95 (1999)
  • Mundo Burbuja (2001)
  • Caso Karen (2005)
  • El hombre de los 21 dedos (2007; novelas curtas, canda a Antonio Domínguez Leiva)
  • El secreto del Oráculo (2007)
  • La pella (2008)
  • Un alma en incandescencia. Pensando en torno a Franciam Charlot (aforismos sobre pintura) (2008)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]