José Rivera Losada
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1918 Ourense, España |
Morte | 8 de maio de 1943 (24/25 anos) Barbadás, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | membro da resistencia |
José Rivera Losada, nado en Ourense cara a 1918 e finado en Barbadás o 8 de maio de 1943, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Veciño de Ourense. Procesado na Causa 580/1942 de Ourense xunto con Josefa Augusto Rodríguez, José Cabalar Rodríguez e Andrés Rodríguez Pérez. Desertou do Cuartel de San Francisco en Ourense con José Cabalar Rodríguez o 5 de abril de 1943. Acusados de atracos en Ramirás e Barbadás, foron perseguidos e abatidos pola Garda Civil de Celanova o 8 de maio de 1943.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Correo Gallego, 13-5-1943, p. 3.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Represión franquista en Ourense Arquivado 16 de maio de 2022 en Wayback Machine.