Andrés Rodríguez Pérez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAndrés Rodríguez Pérez
Biografía
Morte22 de agosto de 1944 Editar o valor em Wikidata
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmembro da resistencia Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

Andrés Rodríguez Pérez, finado en Ourense o 22 de agosto de 1944, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Membro dun grupo guerrilleiro da provincia de Ourense. Foi detido pola brigadilla da Garda Civil e posto a disposición da autoridade militar en marzo de 1942.[1] Preso con José Luis Núñez Fernández nos calabozos de San Francisco agardando o consello de guerra sumarísimo por atraco a man armada e asasinato, fuxiron da cadea. Foron detidos na Gudiña en novembro de 1943.[2][3] Xulgado en consello de guerra en Ourense en 1944 con José Luis Núñez Fernández e Manuel Fernández Arístegui. Condenados a pena de morte, foron executados no Cuartel de San Francisco de Ourense o 22 de agosto de 1944.[4][5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Pueblo Gallego, 19-3-1942, p. 5.
  2. La Región, 14-11-1943, p. 2.
  3. El Pueblo Gallego, 14-11-1943, p. 7.
  4. La Región, 23-8-1944, p. 3.
  5. El Ideal Gallego, 24-8-1944, p. 6.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]