José Ramón Barreal
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XX A Estrada, España |
Alcalde de Laza | |
2020 – ← Xesús Blanco Conde | |
Alcalde de Laza | |
2011 – 2019 – Xesús Blanco Conde → | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Laza |
Ocupación | político |
José Ramón Barreal Novo, nado na Estrada é un político galego do PPdeG.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nado na Estrada, é fillo dun veciño de Laza. Viviu en Valladolid, foi mercedario descalzo, e nos anos oitenta trasladouse a Laza. Foi concelleiro e Tenente de Alcalde en Laza polo PPdeG dende 1995. Ocupou diversos cargos en Protección Civil e foi Xerente do consorcio contra incendios e salvamento da comarca de Verín. O 8 de xaneiro de 2011 substituíu o alcalde José Angel García Morais logo da súa dimisión.[1] Nas eleccións municipais de 2011 e tamén nas do 2015 presentouse á alcaldía de Laza encabezando a candidatura do PPdeG e foi elixido alcalde por maioría absoluta. Nas eleccións municipais de 2019 obtivo 4 concelleiros coa súa lista, un menos cós da oposición, e o día 16 de xuño de 2019 foi substituído polo socialista Xesús Blanco Conde.[2]
En xullo de 2020 Xesús Blanco dimitiu e celebrouse un pleno para escoller novo alcalde. Barreal presentou a súa candidatura sendo elixido alcalde de novo, só cos votos do seu partido.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ José Ramón Barreal toma hoy posesión de su cargo como nuevo regidor de Laza
- ↑ "El socialista Jesús Blanco, nuevo alcalde de Laza". Consultado o 16/6/2019.
- ↑ "José Ramón Barreal volve á alcaldía de Laza «coa certeza de que levamos un ano perdido»". La Voz de Galicia. 24 de xullo de 2020. Consultado o 31 de xullo de 2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]
Predecesor: José Angel García Morais |
Alcalde de Laza 2011 - 2019 |
Sucesor: Xesús Blanco Conde |
Predecesor: Xesús Blanco Conde |
Alcalde de Laza 2020 - |
Sucesor: no cargo |