José María Riguera Montero
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de setembro de 1845 Nogueira, España |
Morte | 15 de outubro de 1922 (77 anos) Viveiro, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista , escritor , autor |
Membro de | |
Pseudónimo literario | Ramón Erotiguer Bernardo Miranda |
Lingua | Lingua castelá |
José María Riguera Montero, nado en Nogueira (Ourol) o 19 de setembro de 1845 e finado en Viveiro o 15 de outubro de 1922, foi un escritor e xornalista galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo de Tomás Benito Riguera Losada e Francisca Montero Fernández, naturais de Xermade e Ourol. Estudou Latín e Humanidades en Viveiro e cursou tres anos de Filosofía e Letras e outros tres de Teoloxía no Seminario de Mondoñedo. Abandonou o semanario e emigrou a Montevideo en 1870. Alí fundou o Instituto Oriental, establecemento de ensinanza superior. Catedrático de Latinidad, estudou seis anos na Facultade de Dereito e Ciencias Sociais da Universidade de Montevideo, e alcanzou o grao de Doutor. Foi presidente e asesor da primeira Asociación de Socorros Mutuos establecida no Uruguai. Colaborou na prensa americana.
Por motivos de saúde, viuse obrigado a regresar a Galicia. Estableceuse na Coruña, onde promoveu unha delegación da sociedade Vivero y su Comarca e financiou diversos actos culturais.
Foi vicepresidente do consello de administración de La Voz de Galicia e colaborou en Vida Gallega e outras publicacións utilizando os pseudónimos Ramón Erotiguer e Bernardo Miranda, filósofo mindoniense.
Obra[editar | editar a fonte]
- Humilde tributo de amor, dedicada á súa nai, Francisca Montero. Montevideo, 1881
- Vindicación de la Gramática Castellana, Montevideo, 1887, que lle valeu o acceso á Academia Española do Uruguai.
- Carta abierta a Tomás Riguera Losada. Montevideo, 1890.
- El matrimonio. Disertación sobre el derecho de sucesión.
- Estudios acerca de la verdadera cuna y oriundez de Miguel Cervantes Saavedra, A Coruña, 1905.
- In Memoriam, homenaje a la memoria de la Ilustrísima señora Doña Regina López Domínguez en el primer aniversario de su fallecimiento. A Coruña, 1911.
- Cuestiones filológicas, A Coruña, 1917.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: José María Riguera Montero |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- "Riguera Montero, Xosé María". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- "Ourol, A Nosa historia", Verónica Prieto Prieto, Concello de Ourol, 2011
- "Ourol. Anacos da nosa historia". Verónica Prieto Prieto, Concello de Ourol, 2015.
- José Manuel López Chao e Guillermo Jorge Riguera, "José María e Manuel Riguera Montero. Dous emigrantes das montañas de Ourol e Muras", 2019, ISBN 978-84-949308-3-6
- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) III. Bibliófilos Gallegos. p. 185.
- Donapétry Yribarnégaray, Juan (1953). Historia de Vivero y su concejo. p. 462. Consultado o 13 de abril de 2013.
- Libro 5 de Bautizados de Sª Mª de Ourol (1830-1851), folio 156 reverso. Arquivo Diocesán de Mondoñedo: "Nogueyra José Mª Juan En veinte de septiembre de cuarenta y cinco, yo el infraescripto, Cura propio de ésta de Sta. Mª de Orol, bauticé solemnemente un niño, que nació ayer tarde, hijo legítimo de Thomás Rigueyra y Losada y su segunda mujer Francisca Fernández de Nogueyra en ésta, abuelos paternos Francisco Rigueyra y [Lda.] Y su mujer Mª Martínez, de Sta. Mª de Jermade, maternos Juan Montero y su mujer Vicenta Fernández, del dicho Nogueyra, púsele nombre José Mª Juan, padrinos avisados, el expresado abuelo materno, y Mª Vicenta Ángela Cao Rodríguez, soltera, hija del padre del niño y su primera mujer Francisca Cao Rodríguez, difunta, del dicho Nogueyra. Firmo ut supra = Firmado: Manuel José Villar"