José María Moar
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de febreiro de 1868 Santiago de Compostela, España |
Morte | 17 de novembro de 1934 (66 anos) Santiago de Compostela, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | escritor, profesor universitario, avogado, veterinario |
Membro de | |
Familia | |
Cónxuxe | Mª del Rosario Vázquez Arias-Carvajal |
Fillos | oito |
Descrito pola fonte | Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada Diccionario da literatura galega Enciclopedia Galega Universal |
José María Moar Fandiño, nado en Santiago de Compostela o 9 de febreiro de 1868 e finado na mesma cidade o 17 de novembro de 1934[1], foi un avogado, escritor e xornalista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi fillo de Santiago Moar Estévez e de Francisca Fandiño de la Iglesia. Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, foi terciario franciscano e carlista. Profesor de historia da Escola Normal de Santiago de Compostela, na República foi retirado do ensino concedéndolle o retiro forzoso. Católico practicante, foi carlista militante do Partido Tradicionalista e membro activo da Liga Gallega que lideraba Alfredo Brañas. Participou na sección de literatura do Ateneo de Santiago e traballou durante un tempo na RAG. Dirixiu o efémero semanario El Ideal Campesino e colaborou en El Requeté, El Compostelano e Lealtad.
Foi membro correspondente da Real Academia Galega.
Obras
[editar | editar a fonte]- El absentismo y la escuela, 1907.
- El trabajo manual educativo. Medios para implantarlo de un modo eficaz en las escuelas de Primera Enseñanza, 1907.
- Apuntes biográficos de Don Juan Ignacio de Armada, Marqués de Santa Cruz de Rivadulla, 1911.
- De pedagogía, 1912.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con María V. Arias Carvajal.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Compostelano, 19-11-1934, p. 1.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Moar Fandiño, Xosé María". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán). Bibliófilos Gallegos.
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. p. 659. ISBN 84-7492-465-0.
- Portabales Vázquez, Ángel (2005). "Moar y Fandiño, José María". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da literatura galega. Autores I. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-019-5.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Avogados de Santiago de Compostela
- Escritores de Galicia en lingua castelá
- Xornalistas de Santiago de Compostela
- Nados en Santiago de Compostela
- Nados en 1868
- Finados en 1934
- Membros correspondentes da Real Academia Galega
- Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela
- Poetas en lingua galega
- Carlistas de Galicia
- Poetas de Galicia