Lealtad (Santiago de Compostela)
Aparencia
| Lealtad | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Instancia de
| |||||||
| Autoría | |||||||
| |||||||
| |||||||
| Wikidata |
Lealtad foi un periódico editado en Santiago de Compostela en 1934.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Órgano do Centro Jaimista de Santiago de Compostela, apareceu o 7 de maio de 1934.[1] Subtitulado Órgano de la Juventud Tradicionalista de Santiago desde o número 10. De periodicidade semanal, tiña tendencia tradicionalista, católico-radical, antiliberal e antidemocrático. Entre os seus colaboradores figuraron Martín Manterola Lazcano, Jesús de Cora Lira, Ángel Pascua, Joaquín Domenech Hors, José María Moar, Ramón Canle, Pedro González Mariño e Manuel Carnota Aradas. Publicou en folletón Página de Gloria. Gómez en Santiago de José María Moar. O 23 de xullo de 1934 publicou un número extraordinario. Cesou non antes de agosto de 1934.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Compostelano, 8-5-1934, p. 2.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la Prensa Gallega 1800-1986. Sada: Ediciós do Castro. p. 629. ISBN 84-7492-489-8.