Saltar ao contido

José María Calviño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJosé María Calviño

(1982) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) José María Calviño Iglesias Editar o valor en Wikidata
28 de outubro de 1943 Editar o valor en Wikidata (81 anos)
Lalín, España Editar o valor en Wikidata
Director general of RTVE (en) Traducir
1 de decembro de 1982 – 23 de xuño de 1986
← Eugenio Nasarre GoicoecheaPilar Mercedes Miró Romero → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogado, político Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosNadia Calviño Editar o valor en Wikidata
IrmánsXulio Calviño Iglesias Editar o valor en Wikidata

BNE: XX873094

José María Calviño Iglesias, nado en Lalín o 28 de outubro de 1943, é un avogado galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Doutor en Dereito, exerceu a avogacía en Madrid, A Coruña, Valencia e Huelva. A súa actividade laboral levouno a tomar contacto cos medios de comunicación e estivo vinculado a TVE desde 1970. Despois representou a Radiotelevisión Española na comisión xurídica da Unión Europea de Radiodifusión. Paralelamente, foi designado membro do Subcomité de Medios de Comunicación do Consello de Europa.

En 1980 as Cortes Xerais designárono, a proposta do Grupo Socialista, vogal do Consello de Administración de RTVE e logo da vitoria do Partido Socialista Obrero Español, o primeiro Goberno de Felipe González nomeouno Director de RTVE.

Director Xeral de RTVE

[editar | editar a fonte]

O seu mandato prolongouse ata 1986 e estivo rodeado de críticas, polémicas e acusacións de manipulación partidista.

Pretendeu renovar por completo a imaxe e o espírito da televisión en España. Desa época datan programas innovadores e vangardistas como La bola de cristal, Si yo fuera presidente ou La edad de oro que aspiraban á implantación dun modelo de TV pública de calidade. Isto non impediu que os horarios privilexiados os ocupasen series norteamericanas como Dinastía ou Falcon Crest.

En canto á súa política informativa, nomeou a José Luis Balbín como Xefe dos Servizos Informativos. Porén, posteriores desavinzas entre ambos provocaron a súa destitución e a retirada do programa La Clave. Foi substituído primeiro por Enrique Vázquez e despois por Enric Sopena.

Durante o mandato de Calviño, tamén se destituíu a outros clásicos da información en TVE, como Paloma Gómez Borrero. Ao mesmo tempo, incorporouse a unha nova xeración de periodistas, abandeirada por Paco Lobatón, Concha García Campoy e Ángeles Caso, que renovaron a imaxe dos Telediarios.

Despois das eleccións de 1986, Calviño foi relevado no seu posto por Pilar Miró. Con posterioridade dedicouse ao exercicio da avogacía, ademais de impulsar un intento de TV por satélite (Canal 10) e participou en 1995 en parladoiros políticos de RNE.


Predecesor:
Eugenio Nasarre
 Director Xeral de RTVE 
1982 - 1986
Sucesor:
Pilar Miró