José Manuel López Varela
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 25 de setembro de 1961 (63 anos) A Laracha, España |
Alcalde da Laracha | |
1999 – | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Lugar de traballo | A Laracha |
Ocupación | mestre, político |
Partido político | Partido Popular |
Membro de |
José Manuel López Varela, nado na Laracha o 25 de setembro de 1961, é un mestre e político galego do PPdeG.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Diplomado en Maxisterio pola Universidade de Santiago de Compostela. En 1980 afiliouse a Alianza Popular e entre 1987 e 1999 foi de tenente de alcalde do concello da Laracha como segundo de Jesús Rama Becerra. Nas municipais de 1999 encabezou a lista do PPdeG, coa que obtivo maioría absoluta e foi elixido alcalde. Volveu gañar as eleccións municipais dos anos seguintes por maioría absoluta, tanto en 2003 como en 2007.
Dende o 2003 ata 2011 formou parte do grupo popular na Deputación da Coruña, en representación da comarca de Bergantiños. En 2007 figurou como candidato a asumir a presidencia da Deputación polo PPdeG na sesión de investidura, na cal PSdeG e BNG fixeron valer a súa maioría e elixiron novamente presidente ó socialista Salvador Fernández Moreda.
Nas municipais de 2011 revalidou a alcaldía co mellor resultado da historia do PP no municipio con 13 concelleiros, fronte a 2 do BNG e outros 2 do PSdeG. Nas municipais de 2015 revalidaría de novo a alcaldía con 12 edís. Nas eleccións municipais de 2019 acadou de novo a alcaldía con 11 concelleiros[1]. En 2023 revalidou a alcaldía subindo ata os 12 concelleiros.
Predecesor: Jesús Rama Becerra |
Alcalde da Laracha 1999 - actualidade |
Sucesor: no cargo |