José Manuel Fuente
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2017.) |
(1988) | |||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (es) José Manuel Fuente Lavandera 30 de setembro de 1945 Siero, España | ||||||||||||||||||||||
Morte | 18 de xullo de 1996 (50 anos) Oviedo, España | ||||||||||||||||||||||
Causa da morte | pancreatite (pt) | ||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||
Ocupación | ciclista | ||||||||||||||||||||||
Deporte | ciclismo de competición | ||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||
1972 | 1972 Super Prestige Pernod (en) (6º) | ||||||||||||||||||||||
Tour de Francia | |||||||||||||||||||||||
Vuelta a España | |||||||||||||||||||||||
José Manuel Fuente Lavandera, nado en Limanes o 30 de setembro de 1945 e finado en Oviedo o 18 de xullo de 1996, foi un ciclista asturiano. Salientou como escalador e nas grandes voltas por etapas. O seu alcume era o Tarangu, palabra en bable que significa forte e afouto. Logo da súa retirada foi director deportivo do equipo CLAS.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou como profesional en 1969. Na seguinte tempada adxudicouse unha etapa na Volta a Cataluña. O ano da súa consagración como figura do ciclismo foi 1971, cando ademais de facerse co Gran premio da montaña no Giro de Italia, gañou unha etapa nesa volta e dúas no Tour de Francia.
En 1972 gañou a Volta a España, ademais do clasificación da montaña e unha etapa. No Giro de Italia acadou a segunda praza na xeral tras unha dura pugna con Eddy Merckx, dúas etapas e a clasificación da montaña. En 1973 foi terceiro no Tour de Francia que gañou Luis Ocaña, e oitavo no Giro de Italia, facéndose coa clasificación da montaña. Tamén gañou a Volta a Suíza ese mesmo ano, con dúas etapas e o premio da montaña. En 1974 obtivo a súa segunda Vuelta a España, e dúas etapas. No Giro gañou cinco etapas e foi quinto na xeral.
Retirouse debido a problemas de saúde en 1975.