José Luis Novo Cazón
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de decembro de 1949 Vilalba, España |
Morte | 7 de novembro de 2013 (63 anos) Vilalba, España |
José Luis Novo Cazón, nado en Vilalba o 12 de decembro de 1949 e finado o 7 de novembro de 2013[1], foi un historiador galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciouse en Filosofía e Letras e fixo posteriormente o doutoramento en Historia pola Universidade de Oviedo. Foi catedrático de Xeografía e Historia en Bacharelato. Foi subdirector xeral do Libro, Bibliotecas e Patrimonio Documental da Xunta de Galicia entre 1984 e 1988, e director xeral da EXB tamén coa Xunta de Galicia entre 1987 e 1990. Traballou no IES Nosa Señora dos Ollos Grandes de Lugo.
Foi o Presidente do Instituto de Estudos Chairegos[2] entre 2005 e 2008.
Obra en galego
[editar | editar a fonte]Ensaio
[editar | editar a fonte]- O legado santiaguista de Vilar de Donas (1989).
- Un xeito de olla-la obra escultórica de Víctor Corral Castro (Citania de Publicacións, 2001).
- O camiño norte de Santiago na plumiña de Ramón Guntín (Instituto de Estudos Chairegos, 2004).
- A Memoria de Vilalba (2006).
- Galegos na historia: Lois Peña Novo (Editorial Ir Indo).
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- Chanot, pintor gaditano-vilalbés (Instituto de Estudos Chairegos, 2007). Con Xosé M. Felpeto Enríquez.
- Capelas e ermidas da Costa. A relixiosidade barroca en San Simón (Instituto de Estudos Chairegos, 2009). Con Sabela Figueira Tenreiro e Carme Pernas Bermúdez.
- Avelino Fernández, memorias dun mestre itinerante (Instituto de Estudos Chairegos, 2009). Coordinación do volume xunto a Manuel Roca Cendán.
Obra en castelán
[editar | editar a fonte]Ensaio
[editar | editar a fonte]- Loio: de monasterio fructuosiano a encomienda santiaguista (1984).
- El priorato santiaguista de Vilar de Donas en la Edad Media (1194-1500) (1986).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Vilalba despide a José Luis Novo Cazón, ex presidente do Iescha", artigo en La Voz de Galicia, 7 de novembro de 2013.
- ↑ "Organigrama o IESCHA". Arquivado dende o orixinal o 01 de abril de 2007. Consultado o 05 de xullo de 2010.