José García Fernández

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Retrato feito por Camilo Díaz Baliño cando estiveron no cárcere de Santiago de Compostela.

José García Fernández, coñecido como García, nado en Alacant e finado en Santiago de Compostela o 8 de febreiro de 1937, foi un mestre e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Na ditadura de Primo de Rivera foi mestre en Muros. Na Segunda República foi mestre da escola do barrio do Recreo de Ordes. Foi un dos dirixentes da Fronte Popular de Ordes. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e trasladado á prisión de Compostela. Acusado de traizón, foi xulgado en consello de guerra o 22 de decembro. Condenado a pena de morte, foi executado en Boisaca o 8 de decembro de 1936 con outros dez veciños de Ordes.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Pazos Gómez, Manuel (2011). A guerra silenciada. Mortes violentas na comarca de Ordes 1936-1952. Ordes: Asociación Cultural Obradoiro de Historia. pp. 48–49. ISBN 978-84-614-8181-1. 
  • Pazos Gómez, Manuel (2017). "Atila en Ordes. Listaxe de vitimarios". En Sermos Galiza. Os nomes do terror. Galiza 1936: os verdugos que nunca existiron. Santiago de Compostela. pp. 137–138. ISBN 978-84-697-4726-1. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]