José Felpeto Gómez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | valor descoñecido Merille, España |
Morte | 16 de abril de 1949 Cerdido, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | membro da resistencia |
Lingua | Lingua castelá |
Carreira militar | |
Conflito | Guerra civil española |
José Felpeto Gómez, Felpeto, nado en Merille (Ourol) e finado en Cerdido o 16 de abril de 1949, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 28 de xullo no Depósito de Viveiro. Xulgado en Lugo por rebelión militar, foi condenado a cadea perpetua. Estivo na Prisión da Coruña. Cando saíu en liberdade, botouse ao monte. Foi membro da III Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia. Despois pasou ao destacamento Eive-Carbón da IV Agrupación. Formou parte do grupo que acompañou a Manuel Fernández Soto en abril de 1949 á provincia de Ourense para reorganizar a guerrilla. Morreu o 16 de abril de 1949 nun enfrontamento coa Garda Civil preto da Vila da Igrexa (Cerdido), xunto cos outros membros do destacamento José Vilariño Fernández e Perfecto Castro Martínez e un enlace. No combate perdeu a vida o garda civil Ramón Pérez Casas.[1]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ La Voz de Galicia, 20-4-1949, p. 2.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Martínez, Lupe (2007). Coa man armada. "Ejercito Guerrillero de Galicia" -IV Agrupación- 1946 - 1948. Vigo: A Nosa Terra. ISBN 978-84-8341-166-7.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- José Felpeto Gómez na páxina web Nomes e Voces.
- Ficha en Represión franquista en Lugo