José Vilariño Fernández
José Vilariño Fernández | |
---|---|
Nacemento | 1924 |
Tellerías, Fene, Fene | |
Falecemento | 16 de abril de 1949 |
Cerdido | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | membro da resistencia |
[ editar datos en Wikidata ] | |
José Vilariño Fernández, coñecido como Arturo, Pepiño ou Pepón, nado en Tellerias (Fene) en 1924 e finado en Cerdido o 16 de abril de 1949, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
A súa familia foi perseguida polo franquismo. En xullo de 1947, cando facía o servizo militar en Ferrol desertou con José Antonio Castro López da guarnición do Castelo da Palma, con catro fusís e munición, e ambos incorporáronse á guerrilla. Responsable do destacamento Eive-Carbón, da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia, foi acusado polas autoridades de ser o autor de dúas execucións na zona de Ferrol, do incendio dun chalé e dun camión da empresa "Calvo Sotelo". En 1949 o seu grupo acompañou ao secretario do PCE en Galicia, Manuel Fernández Soto, na xira de reorganización polas provincias de Pontevedra, Ourense e Lugo. Morreu o 16 de abril de 1949 nun enfrontamento coa garda civil preto da Vila da Igrexa (Cerdido), xunto cos outros membros do destacamento Perfecto Castro Martínez e José Felpeto Gómez e un enlace. No combate perdeu a vida o garda civil Ramón Pérez Casas.[1]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ La Voz de Galicia, 20-4-1949, p. 2.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Martínez, Lupe (2007). Coa man armada. "Ejercito Guerrillero de Galicia" -IV Agrupación- 1946 - 1948. Vigo: A Nosa Terra. ISBN 978-84-8341-166-7.
- Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. p. 139. ISBN 84-8485-231-8.