Saltar ao contido

José Cao Cortiñas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJosé Cao Cortiñas
Biografía
Nacemento25 de outubro de 1909 Editar o valor en Wikidata
Narón, España Editar o valor en Wikidata
Mortevalor descoñecido Editar o valor en Wikidata
valor descoñecido Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónenfermeiro, sindicalista Editar o valor en Wikidata
Membro de

Nomes e Voces: 5659

José Faustino Cao Cortiñas, nado en Narón o 25 de outubro de 1909, foi un político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo dun mariño mercante, aprobou o exame de ingreso no Instituto de Santiago en 1923. No Hospital Provincial de Compostela formouse como practicante. En 1926 obtivo o título oficial na Universidade de Santiago de Compostela. En outubro de 1927 embarcou para Buenos Aires como practicante. De regreso a Galicia, estivo afiliado ao Partido Federal Republicano de Ferrol de 1931 a 1934. Despois militou en Unión Republicana e foi director do semanario republicano Renovación (de xaneiro a xullo de 1935). Foi membro da Liga Racionalista. Fundador do Partido Sindicalista en Ferrol foi vicesecretario da Agrupación ferrolá, e o seu delegado no Comité da Fronte Popular.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, fuxiu e permaneceu agochado.[1] Presentouse en novembro de 1945, foi xulgado e condenado a 20 anos. Foi indultado en outubro de 1946. Participou nos traballos de reorganización da CNT clandestina en Ferrol. Foi detido en marzo de 1947 e condenado a un ano de cadea.

  1. "Requisitorias" El Pueblo Gallego, 8-6-1937, p. 8.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]