José Cao Cortiñas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
José Cao Cortiñas
Nacemento25 de outubro de 1909
 Narón
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

José Faustino Cao Cortiñas, nado en Narón o 25 de outubro de 1909, foi un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo dun mariño mercante, aprobou o exame de ingreso no Instituto de Santiago en 1923. No Hospital Provincial de Compostela formouse como practicante. En 1926 obtivo o título oficial na Universidade de Santiago de Compostela. En outubro de 1927 embarcou para Buenos Aires como practicante. De regreso a Galicia, estivo afiliado ao Partido Federal Republicano de Ferrol de 1931 a 1934. Despois militou en Unión Republicana e foi director do semanario republicano Renovación (de xaneiro a xullo de 1935). Foi membro da Liga Racionalista. Fundador do Partido Sindicalista en Ferrol foi vicesecretario da Agrupación ferrolá, e o seu delegado no Comité da Fronte Popular. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, fuxiu e permaneceu agochado. Presentouse en novembro de 1945, foi xulgado e condenado a 20 anos. Foi indultado en outubro de 1946. Participou nos traballos de reorganización da CNT clandestina en Ferrol. Foi detido en marzo de 1947 e condenado a un ano de cadea.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]