José Búa Carou
Biografía | |
---|---|
Nacemento | valor descoñecido valor descoñecido |
Morte | 9 de xaneiro de 1944 A Coruña, España |
Actividade | |
Ocupación | médico, político |
Membro de | |
Familia | |
Irmáns | Francisco Búa Carou |
José Búa Carou, finado na Coruña o 9 de xaneiro de 1944, foi un médico e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de José Búa Pintos e irmán de Francisco Búa Carou. Foi coronel de Sanidade Militar. Foi presidente da Reunión Recreativa e Instructiva de Artesanos da Coruña. Militante do Partido Republicano Radical Socialista, foi elixido vicepresidente do grupo da Coruña en setembro de 1931.[1] Despois pasou a Izquierda Republicana e foi presidente do grupo local da Coruña en 1934.[2] Participou no acto de homenaxe ás mulleres organizado polo semanario La Calle o 3 de marzo de 1936 no Teatro Rosalía Castro con Manuel Fernández, Ramón Suárez Picallo e José Villaverde.[3] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi represaliado. Finou na Coruña o 9 de xaneiro de 1944.[4]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con María de los Dolores Nine Fraga e foi pai de María de los Dolores, Mercedes, Guillermina, Victoria, Carmen, Angeles e José Miguel Búa Nine.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Bua en Xenealoxía.org Arquivado 22 de marzo de 2014 en Wayback Machine.