Saltar ao contido

José Boedo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJosé Boedo
Biografía
Nacemento1887 Editar o valor en Wikidata
Oza, España Editar o valor en Wikidata
Morte19 de agosto de 1936 Editar o valor en Wikidata (48/49 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepaseo, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónsindicalista Editar o valor en Wikidata
Membro de
Familia
FillosJosé Antonio Boedo Núñez, Pucho Boedo Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 3357

José Boedo López, nado en 1887 no concello de Oza (integrado posteriormente no concello da Coruña) e finado o 19 de agosto de 1936, foi un sindicalista galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Viviu no barrio coruñés da Silva. Estivo vinculado ao Sindicato de Canteiros da Coruña, no que ocupou xa un cargo directivo á altura de 1918. Comezou a destacar publicamente e a intervir en actos públicos, como o multitudinario mitin que tivo lugar en agosto de 1923 na praza de touros da Coruña pedindo o indulto para o cabo Sánchez Barros, un coruñés que fora condenado a morte pola súa intervención nunha revolta popular en Málaga contra as levas para a guerra de África.

Durante os anos da II República foi un dos máis destacados militantes do seu sindicato, ao que representou en diversos comicios de ámbito galego, e mesmo ocupou cargos de responsabilidade na Federación Local Obreira da Coruña e no Comité Rexional da Confederación Nacional do Traballo (CNT). Foi tamén un dos fundadores do Ateneo Resplandor en el Abismo de A Silva.

Despois do triunfo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, foi detido e fusilado o 19 de agosto de 1936. A súa familia sufriu unha brutal represión; o seu fillo José Antonio Boedo Núñez foi fusilado o 11 de setembro de 1937. Outro dos fillos, Pucho Boedo, foi un cantante de sona.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]