José Balseiros
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1961 (62/63 anos) Tomonde, España |
Alcalde de Cerdedo | |
2004 – 2016 ← José Luis Jorge Caramés | |
Actividade | |
Ocupación | político, funcionario |
Partido político | Partido Popular |
Membro de |
Silvestre José Balseiros Guinarte, nado en Tomonde (Cerdedo-Cotobade) en 1961, é un político galego do PPdeG.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Funcionario da administración local, acabou sendo secretario-interventor do concello de Cerdedo. Nas eleccións municipais de 2003 foi elixido concelleiro e nomeado 1º tenente de alcalde. O 30 de decembro de 2004 foi elixido alcalde de Cerdedo logo da renuncia do seu sogro José Luis Jorge Caramés. Nas eleccións municipais de 2007 presentouse á alcaldía encabezando a lista do PPdeG e acadou o 83% dos votos, converténdose no alcalde popular máis votado de Galicia. Dende 2007 foi tamén deputado provincial na Deputación de Pontevedra. En novembro de 2016 tomou posesión como deputado no Parlamento de Galicia.[1] En outubro de 2018 foi nomeado director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias.
Nas eleccións ao Parlamento galego de 2024, saíu elixido deputado por Pontevedra.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Redacción (2016-11-19). "Tomás Fole, ao Congreso dos Deputados tras a renuncia de José Balseiros". Pontevedra Viva. Consultado o 2024-02-22.
- ↑ Cedrón, María; García Calvo, Lorena (19 de febreiro de 2024). "Este es el nuevo Parlamento de Galicia, diputado a diputado". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 21 de febreiro de 2024.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Entrevista a José Balseiros en Faro de Vigo
- Ficha no Parlamento de Galicia Arquivado 25 de novembro de 2016 en Wayback Machine.
Predecesor: José Luis Jorge Caramés |
Alcalde de Cerdedo 2004-2016 |
Sucesor: - |