José Balseiros

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
José Balseiros
Nacemento1961
Lugar de nacementoTomonde
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico e funcionario
editar datos en Wikidata ]
Papeleta dos candidatos do PP ao Congreso por Pontevedra, nas Eleccións Xerais de 2016.

Silvestre José Balseiros Guinarte, nado en Tomonde (Cerdedo-Cotobade) en 1961, é un político galego do PPdeG.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Funcionario da administración local, acabou sendo secretario-interventor do concello de Cerdedo. Nas eleccións municipais de 2003 foi elixido concelleiro e nomeado 1º tenente de alcalde. O 30 de decembro de 2004 foi elixido alcalde de Cerdedo logo da renuncia do seu sogro José Luis Jorge Caramés. Nas eleccións municipais de 2007 presentouse á alcaldía encabezando a lista do PPdeG e acadou o 83% dos votos, converténdose no alcalde popular máis votado de Galicia. Dende 2007 foi tamén deputado provincial na Deputación de Pontevedra. En novembro de 2016 tomou posesión como deputado no Parlamento de Galicia.[1] En outubro de 2018 foi nomeado director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias.

Nas eleccións ao Parlamento galego de 2024, saíu elixido deputado por Pontevedra.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Redacción (2016-11-19). "Tomás Fole, ao Congreso dos Deputados tras a renuncia de José Balseiros". Pontevedra Viva. Consultado o 2024-02-22. 
  2. Cedrón, María; García Calvo, Lorena (19 de febreiro de 2024). "Este es el nuevo Parlamento de Galicia, diputado a diputado". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 21 de febreiro de 2024. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Predecesor:
José Luis Jorge Caramés
 
Alcalde de Cerdedo
 
2004-2016
Sucesor:
-