José Antonio Dono
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 27 de agosto de 1955 (69 anos) San Pedro de Ancorados, España |
Alcalde da Estrada | |
2007 – 2011 ← Ramón Campos Durán – José López Campos → | |
Actividade | |
Ocupación | político, médico |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español |
Membro de |
José Antonio Dono López, nado en San Pedro de Ancorados o 27 de agosto de 1955, é un médico e político galego do PSdeG-PSOE.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Médico no centro de saúde da Estrada. Foi concelleiro nesta localidade polo PSdeG-PSOE entre 1987 e 1999, baixo o liderado de Jesús Tallón Maceira. Asumiu a concellería de Servizos Sociais entre 1991 e 1992, cando Tallón foi alcalde á fronte dun tripartito coa Agrupación Independiente de A Estrada e o BNG. A moción de censura dos independentes e o PPdeG en xuño de 1992 devolvería ós socialistas á oposición.
Trala súa retirada da política en 1999, en outubro de 2006 regresou como candidato do PSdeG-PSOE á alcaldía da Estrada para as eleccións municipais do 27 de maio de 2007[1]. En dita convocatoria electoral Dono logrou a vitoria para o PSdeG cun 43% dos votos e 9 dos 21 concelleiros, polo que foi elixido alcalde[2]. Se ben logrou o apoio do BNG na investidura comezou gobernando en minoría, ata que no mes de outubro estableceu finalmente un goberno de coalición cos nacionalistas[3].
Nas municipais de 2011 pasou á oposición tras lograr o PPdeG a maioría absoluta por un estreitísimo marxe de votos, mantendo os socialistas os 9 concelleiros e logrando un 41% dos votos. En xullo de 2012 foi elixido Secretario Xeral local do partido, sucedendo a Jesús Tallón Maceira. Nas municipais de 2015 encabezou de novo a candidatura, sen conseguir recuperala alcaldía tras unha nova axutada maioría do PPdeG. Nesta ocasión os socialistas lograron 8 concelleiros e un 36% dos votos, sumando de novo máis apoios que a dereita xunto co resto de partidos de esquerda, se ben os populares conseguían de novo a maioría en concelleiros. Tras isto, renunciou ao cargo de concelleiro[4]. Permaneceu como Secretario Xeral ata a súa renuncia en xaneiro de 2018 «por motivos persoais», sendo substituído por Belén Louzao[5].
Predecesor: Ramón Campos Durán |
Alcalde da Estrada 2007 - 2011 |
Sucesor: José Carlos López Campos |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Dono, proclamado alcaldable del PSOE por unanimidad ante un público entregado
- ↑ A Estrada inicia la era de Dono tras la "victoria histórica" del Partido Socialista
- ↑ PSOE y BNG cerraron ayer de forma oficial el pacto en A Estrada
- ↑ Rocío García (31-5-2015). "Dono ratifica su renuncia a tomar posesión como edil estradense". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 10-7-2018.
- ↑ Ana Cela (30-1-2018). "Dono deja la secretaría general del PSOE y los militantes eligen a Belén Louzao para sucederlo". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 10-7-2018.