Joseph Pickford

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Joseph Pickford
Nacemento 1734
Lugar Warwickshire
Falecemento 1782
Estilo Palladio
Obras destacadas Etruria Hall, Pickford's House
editar datos en Wikidata ]
Os fillos de Joseph Pickford, pintados por Joseph Wright

Joseph Pickford, bautizado en 1734 e finado en 1782,[1] foi un arquitecto inglés, un dos principais arquitectos provinciais no reinado de Xurxo III.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

St. Helen's House.

Pickford naceu en Warwickshire, pero trasladouse a Londres en neno cando o seu pai morreu. A formación inicial de Pickford foi realizada a través do escultor Joseph Pickford (o seu tío), no seu establecemento en Hyde Park, Londres.[3] Pickford á vez, tiña oficinas en Londres e Derby. O arquitecto trasladouse a Derby ao redor de 1759, onde foi axente dos arquitectos Foremark Hall. Casou coa filla do axente Wenman Coke.[3] A casa que proxectou para si mesmo, o número 41 da Friar Gate, agora é o Pickford's House Museum (Museo da Casa de Pickford) e tamén un edificio clasificado Grao I. Non obstante, dende abril de 2006 a visitación do edificio só está dispoñible para grupos concertados previamente.[4]

Pickford traballou extensamente nos condados de Midland da Inglaterra, sobre todo co deseño de casas de campo e cidade no estilo de Palladio. Un número significativo dos seus amigos e clientes eran membros da influente Sociedade Lunar, como o oleiro Josiah Wedgwood, o pintor Joseph Wright de Derby, e os inventores Matthew Boulton e John Whitehurst.[2]

Principais obras[editar | editar a fonte]

Etruria Hall.
  • St Helen's House, King Street, Derby, Derbyshire (1766-67) de John Gisbert.
  • Hams Hall, Coleshill, Warwickshire para CB Adderely (1768, hoxe demolido).
  • Etruria Hall, Stoke on Trent, Staffordshire, para Josiah Wedgwood (1768-1770, agora parte dun hotel).
  • St Mary's Church, Birmingham, West Midlands (1773-4, hoxe demolida).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Oxford Dictionary of National Biography". Consultado o 08 de maio de 2011. 
  2. 2,0 2,1 Joseph Pickford 1734-1782
  3. 3,0 3,1 Saunders, Edward (1984). "The Villas and Town Houses of Joseph Pickford of Derby (1736-82)". Architectural History (SAHGB Publications Limited) 27 (Design and Practice in British Architecture: Studies in Architectural History Presented to Howard Colvin): 308–319. JSTOR 1568473. 
  4. Protesters opposing museum cuts , BBC, 21 de xaneiro de 2006, consultado en febreiro de 2011

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]