Josep Andreu i Abelló

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Josep Andreu i Abelló
Nacemento8 de novembro de 1906
Lugar de nacementoMontblanc
Falecemento31 de maio de 1993
Lugar de falecementoMadrid
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Barcelona
Ocupaciónpolítico e avogado
IrmánsCarles Andreu i Abelló e Antoni Andreu i Abelló
PremiosGran Cruz del Mérito Militar con distintivo blanco
editar datos en Wikidata ]

Josep Andreu i Abelló, nado en Montblanc o 8 de novembro de 1906 e finado en Madrid o 31 de maio de 1993, foi un xurista e político catalán de ideoloxía nacionalista. Foi un dos cofundadores de Esquerra Republicana de Catalunya.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Abelló estudou dereito na Universidade de Zaragoza e na de Barcelona. Como avogado exerceu en Reus. Militou nas Mocidades Nacionalistas e no Fomento Nacionalista Republicano, do cal foi presidente en Reus en 1930.

En 1931 participou na fundación da ERC.

Durante a transición chegaría a entrevistarse persoalmente con Antonio García-Trevijano, nos momentos preparatorios da Xunta Democrática de España, para que o seu partido se adherise á oposición do réxime de Francisco Franco na clandestinidade.

Segunda República[editar | editar a fonte]

En 1932 foi deputado en Tarragona e participou na aprobación do estatuto de autonomía de Cataluña (o coñecido como "Estatuto de Núria"). Dende 1934 até 1939 presidiu o Club de Natación Reus Ploms. En 1936 foi nomeado Presidente da Audiencia Territorial de Barcelona e do Tribunal de Casación, durante o cargo sufriu un atentado anarquista o 2 de agosto de 1937.

Exilio[editar | editar a fonte]

En 1939 Andreu marchou ó exilio, primeiro a París e despois a México vía Nova York. Xunto con Indalecio Prieto manexaba os fondos trasladados alí no iate Vita. Anos despois estabelécese na cidade de Tánxer (Marrocos). Alí fundou e presidiu o BIM (Banco Inmobiliario de Marrocos), despois BIMM (Banco Inmobiliario e Mercantil de Marrocos), e traballou na clandestinidade contra a ditadura franquista.[1]

Retorno do exilio[editar | editar a fonte]

Volveu a España en 1964 durante a ditadura de Franco e foi detido e multado varias veces. Foi conselleiro en Banca Catalá. A mediados do setenta promoveu a Asemblea de Cataluña. En 1976 abandonou ERC e afiliouse ao PSC-Congrés. En 1977 foi presidente da Asemblea de Parlamentarios e presidiu a Comisión dos 20, que redactou o proxecto do Estatuto, e a dos 21, que negociou a súa aprobación. Foi deputado por Barcelona dende o ano 1977 até 1979, presidente da Comisión de Comercio e Turismo e senador desde 1979 até 1986 (dúas lexislaturas). Morreu o 31 de maio de 1993.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. [1]Libertad Digital Pío Moa: El asesinato de los hermanos Badia.