José Vicente López Chacón
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1884 (139/140 anos) A Coruña, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Lingua | Lingua castelá |
José Vicente López Chacón, nado na Coruña cara a 1884, foi un avogado e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo do tenente coronel José López Fernández e Luisa Chacón Romero. En 1930 participou no Pacto de Lestrobe. Estivo presente na reunión constitutiva da Federación Republicana Gallega celebrada en Pontevedra o 15 de marzo de 1931 en representación do Comité municipal da Alianza Republicana da Coruña.[1] Presentouse ás eleccións a Cortes de 1931 pola provincia da Coruña encadrado no Partido Republicano Radical. Volveu ser candidato nas eleccións de novembro de 1933. En 1935 encadrouse en Unión Republicana. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi encausado polo Tribunal Especial para a Represión da Masonería e o Comunismo.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ El Pueblo Gallego, 17-3-1931, p. 9.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- José Vicente López Chacón na páxina web Nomes e Voces.