Cándido Viñas Calvo
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1902 Pontevedra, España |
| Morte | abril de 1978 Pontevedra, España |
| Actividade | |
| Ocupación | mestre, escritor |
| Membro de | |
| Familia | |
| Pai | José Viñas del Monte |
| Irmáns | Avelina Viñas Calvo |
Cándido Viñas Calvo, nado en Pontevedra en 1902 e finado na mesma cidade en abril de 1978, foi un mestre e escritor galego en lingua castelá.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de José Viñas del Monte e irmán da pintora Avelina Viñas Calvo.[1] Mestre. Comezou a publicar na década dos trinta, dándose a coñecer en 1934 con Horas huidas. A maior parte da súa poesía xira en torno a Pontevedra e a súa bisbarra. Colaborou nas revistas Finisterre, Sonata Gallega e Litoral. Publicou en 1972 o poemario Xoias e coitas da terra orballada, a súa primeira publicación en galego. Foi nomeado membro correspondente da Real Academia Galega.[2] Finou en Pontevedra en abril de 1978.[3][4]
Obras
[editar | editar a fonte]- Horas huidas: poemas (poesía; Vigo, 1934)
- Tropel de ritmos (poesía; Pontevedra, 1935)[5]
- Huellas en desorden. Poemas 1935-39 (poesía; Pontevedra, 1940)
- Valleamar: 1940-1941 (poesía; Pontevedra, 1941)
- La cima extraviada (poesía; Pontevedra, 1943)
- Galas y gozos de Pontevedra (poesía; Pontevedra, 1945)
- Caminando al sol de Galicia (poesía; Pontevedra, 1946)
- Anacos (1950)
- Río Lérez: poemas (poesía; Pontevedra, 1950; Segundo premio no Concurso literario do Centro Galego de Buenos Aires)
- Gracia e ingenio de Pontevedra (1954)
- Hombres y cosas de ayer y de hoy. Humorismo pontevedrés (relatos, 1967)
- Presencia y gozo del humorismo gallego (1968)
- En Galicia, una vez... (1969)
- El cura de Ouriños y otros desvelos (1971)
- Xoias e coitas da terra orballada (1972)
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Elena del Valle del Río en 1935,[6] e foi pai de Carlos e José María Viñas del Valle.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Avelina Viñas Calvo, na páxina web Do gris ao violeta.
- ↑ "Membros correspondentes". Real Academia Galega.
- ↑ El Pueblo Gallego, 14-4-1978, p. 24.
- ↑ La Voz de Galicia, 14-4-1978 p. 45.
- ↑ Vázquez Fernández, J. (1 de xuño de 1936). "Tropel de ritmos. Nuevo libro de versos de Viñas Calvo". Martín Codax. p. 3.
- ↑ El Pueblo Gallego, 10-9-1935, p. 11.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Couceiro Freijomil, A. (1954). "VIÑAS CALVO, Cándido". Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) III. Santiago de Compostela: Bibliófilos Gallegos. p. 526-527.
- VIÑAS CALVO, Cándido, artigo na Gran Enciclopedia Galega.