José Torres Santiso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Torres Santiso
Biografía
Nacemento1902 Editar o valor em Wikidata
Morte22 de febreiro de 1949 Editar o valor em Wikidata (46/47 anos)
Xuvia, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Cedeira
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmilitar , político Editar o valor em Wikidata

José Torres Santiso, nado en 1902 e finado en Xuvia (Narón) o 22 de febreiro de 1949, foi un militar e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de José Torres Teijeiro. Cabo da Garda Civil do posto da Coruña. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado delegado de Orde Público de Cedeira.[1] Enrolouse no exército sublevado na compañía expedicionaria da Comandancia da Coruña destacada en Boadilla del Monte e foi ascendido a sarxento por méritos de guerra en maio de 1937.[2] Tenente da Garda Civil do posto de Neda, foi axustizado pola guerrilla en Xuvia, diante da súa casa cando baixaba do tranvía, en febreiro de 1948.[3][4][5]


Predecesor:
Manuel Fernández Freijeiro
 
Alcalde de Cedeira
 
1936
Sucesor:
Higinio Bustabad Freire

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Marina Iglesias Fernández e foi pai de María del Carmen Torres Iglesias.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. BOP A Coruña, 3-10-1936, p. 1.
  2. La Voz de Galicia, 6-5-1937, p. 2.
  3. La Noche, 24-2-1949, p. 1.
  4. El Correo Gallego, 25-2-1949, p. 3.
  5. El Correo Gallego, 2-3-1949, p. 3.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]