Saltar ao contido

José Toro Martínez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJosé Toro Martínez
Biografía
Nacementoc. 1910 Editar o valor en Wikidata
Castrelo do Val, España Editar o valor en Wikidata
Morte11 de outubro de 1941 Editar o valor en Wikidata (30/31 anos)
Ourense, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepena de morte, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmaquis Editar o valor en Wikidata

José Toro Martínez, nado en Castrelo do Val cara a 1910 e finado en Ourense o 11 de outubro de 1941, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Veciño de Monteveloso (Piornedo). Membro dun grupo guerrilleiro da provincia de Ourense. Foi detido o 25 de agosto de 1941. Encartado na Causa 606/1941 por rebelión, foi xulgado en Ourense en consello de guerra o 16 de setembro xunto con Avelino Rodríguez Rodríguez, Benjamín Sierra Fernández, José María Albar González, Martín Estévez Vega e Antonio Parada Calvo, acusados de atraco a man armada en San Mamede de Hedrada en agosto. Condenados a pena de morte, foron executados en Ourense o 11 de outubro de 1941.[1][2]

  1. El Ideal Gallego, 12-10-1941, p. 3.
  2. La Región, 15-10-1941, p. 2.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]