José Tojeiro
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 11 de xullo de 1934 Cariño, España |
Morte | 4 de marzo de 2015 (80 anos) Narón, España |
Residencia | Suíza (–1993) |
Familia | |
Cónxuxe | Carmen Villalba |
José Tojeiro Díaz, nado en Ortigueira[Cómpre referencia] o 11 de xullo de 1934 e finado o 4 de marzo de 2015 en Narón, foi un cidadán galego que se fixo célebre a comezo de 1990 pola súa aparición no programa de televisión Código Uno, de TVE, onde denunciaba un roubo no seu domicilio. Foi o autor da cita «me echaron droja en el Cola Cao».[1]
Após volver de Suíza en 1993, onde emigrara por motivos laborais, José Tojeiro acudiu ao programa de Televisión Española Código Uno, presentado polo escritor Arturo Pérez-Reverte. Durante o programa Tojeiro denunciou publicamente o roubo de diñeiro en metálico no seu domicilio por parte de tres mulleres que chegaran alí os días anteriores. Segundo o seu relato María, Rosa María e María José, aproveitáronse de José Tojeiro, subtraéndolle cantidades en metálico en diversas ocasións, tanto de francos suízos coma de pesetas.
Posteriormente, un vídeo de José Tojeiro admitindo a suposta intoxicación a que foi sometido foi subido á plataforma YouTube, tornando axiña viral entre a comunidade de internautas[2].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Voz de Galicia (ed.). "José Tojeiro, el autor de la frase de «me echaron droja en el Cola Cao», fallece a los 80 años". Consultado o 13 de xaneiro de 2016.
- ↑ Carmela López (4 de abril de 2013). "El autor de la célebre frase “droja en el Cola Cao” vive en la Residencia de Piñeiros". Diario de Ferrol (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2016. Consultado o 13 de xaneiro de 2016.