José Tenreiro López
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1886 ![]() Galicia, España ![]() |
Morte | 16 de marzo de 1937 ![]() Ferrol, España ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | sindicalista , político ![]() |
Lingua | Lingua castelá ![]() |
Familia![]() | |
Fillos | Manuel Tenreiro Mosquera ![]() |
José Tenreiro López, nado cara a 1886 e finado en Ferrol o 16 de marzo de 1937, foi un sindicalista galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Pintor. Militante do PSOE, foi elixido concelleiro de Miño en 1931, e segundo tenente de alcalde na sesión constitutiva da corporación de principios de decembro dese ano presidida polo alcalde Rodrigo González Martínez.[1] Foi presidente da Sociedade de Agricultores e Oficios Varios de Leiro. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Foi fusilado no Castelo de San Filipe de Ferrol o 16 de marzo de 1937.
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Foi pai de Manuel Tenreiro Mosquera, que tamén foi fusilado.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ La Voz de Galicia, 5-12-1931, p. 8.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
José Tenreiro López na páxina web Nomes e Voces.