José Souto Vilas
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1902 Campo, España |
| Morte | 16 de setembro de 1966 Campo, España |
| Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
| Actividade | |
| Ocupación | profesor de ensino secundario, industrial |
| Familia | |
| Irmáns | Manuel Souto Vilas Jesús Souto Vilas |
José Souto Vilas, nado en Campo (Arzúa) en 1902 e finado na mesma parroquia o 16 de setembro de 1966, foi un profesor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Francisco Souto Eirín e Generosa Vilas Filloy. Licenciado en Ciencias pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi axudante de clases prácticas da USC (1925-1926), catedrático de Física e Química no Instituto de Vilafranca del Penedès e dende 1939 no Instituto de Ourense, do que foi vicedirector. Xunto cos seus irmáns constituíu a empresa hidroeléctrica Souto Vilas, construíndo unha pequena central en Ponte Carreira. Finou en Arzúa o 16 de setembro de 1966.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Necrolóxica en La Región, 6-11-1966, p. 6.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Cascón Rodríguez, Armando F. (2005). Arzúa na memoria. Espello histórico dunha terra. Deputación da Coruña. p. 203. ISBN 84-9812-018-7.