Jesús Souto Vilas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJesús Souto Vilas
Biografía
Nacemento6 de maio de 1898 Editar o valor em Wikidata
Campo, España Editar o valor em Wikidata
Morte1 de novembro de 1977 Editar o valor em Wikidata (79 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Arzúa
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre , político Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsManuel Souto Vilas e José Souto Vilas Editar o valor em Wikidata

Jesús Souto Vilas, nado en Campo (Arzúa) o 6 de maio de 1898[1] e finado en Santiago de Compostela o 1 de novembro de 1977, foi un mestre e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Francisco Souto Eirín e Generosa Vilas Filloy. Licenciado en Filosofía e letras pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi mestre de San Martiño de Calvos de Sobrecamiño (Arzúa) en 1934.[2] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado delegado civil de Arzúa en agosto, tomando posesión o 10 de setembro. Foi destituído polo gobernador civil en outubro de 1936.[3] En 1938 publicou o folleto Hacia una solución hispánica de los problemas sociales la actual organización económica no responde a las necesidades de nuestro tiempo: GENS, esbozo de unas bases para la constitución de las Grandes Empresas Nacional-Sindicalistas.[4] Colaborou en El Compostelano. En 1963 trasladouse á escola de Santiago de Compostela. Finou en Santiago de Compostela o 1 de novembro de 1977.[5]


Predecesor:
Juan Manuel Vidal García
 
Alcalde de Arzúa
 
1936
Sucesor:
Francisco Trillo Castiñeiras

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou en Santiago de Compostela con Antonia Souto Sáinz en 1927,[6] e foi pai de Jesús Antonio, Ana María, Alfonso, Beatriz, Purificación, María Berta, María Luisa, José Lino, María del Carmen, María de los Ángeles, Francisco e Nina Souto Souto.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Primer escalafón de maestros de escuelas nacionales existentes en 31 de diciembre de 1933. Madrid: Ministerio de Instrucción Pública y Bellas Artes. 1934. p. 58. 
  2. La Voz de Galicia, 3-6-1934, p. 2.
  3. La Voz de Galicia, 9-10-1936, p. 4.
  4. El Compostelano, 26-3-1938, p. 1.
  5. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 2-11-1977, p. 17.
  6. La Voz de Galicia, 15-12-1927, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]